Un positivo no Ribadumia obriga a suspender o seu partido contra o Atios
Por Redacción
Novo partido que se ve afectado pola pandemia da covid-19 no grupo galego da Terceira Divisón. Un positivo nas filas do CD Ribadumia obriga a aprazar o partido que estaba previsto disputarse este domingo no campo da Senra.
O xuíz único de competición da Real Federación Galega de Fútbol xa comunicou de forma oficial a suspensión do mesmo. "Aprazar a celebración do encontro previsto para o día 24 de xaneiro de 2021, entre os C.D. Ribadumia e Atios correspondente á 14ª Xornada da competición Terceira División, a unha nova data o máis próxima no tempo que se determinará por este órgano tan pronto como se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo", recolle o acordo.
O positivo foi detectado este xoves despois de realizar o test de antíxenos a todo o plantel, dentro do protocolo implantado pola Real Federación Española de Fútbol para evitar brotes de covid-19 na Terceira División.
Non é a primeira vez que a pandemia golpea ao fútbol autonómico. O Arosa xa viu como os seus dúas últimas xornadas eran aprazadas por positivos no Arenteiro primeiro e na UD Ourense despois. Nesta xornada tampouco se disputará o duelo entre o CD Barco e a UD Ourense pola mesma razón.