VÍDEO.- Os clubs de Pontevedra e o Concello, unidos en favor da diversidade no deporte
Por Diego Espiño
Coincidindo co Día Internacional contra a LGTBI-fobia no deporte, o Concello de Pontevedra e os clubs deportivos da cidade uníronse en favor da diversidade e a súa visibilización.
Fixérono coa presentación do traballo audiovisual 'Seareirxs da Diversidade', realizado no marco do programa programa municipal Pinto e Maragota.
"Hoxe era o día para presentar este vídeo", explicou a concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, lembrando que é o aniversario do nacemento do primeiro futbolista que se declarou abertamente homosexual.
A intención, asegura, é "reivindicar o deporte como un vehículo esencial para a transofrmación da sociedade".
Pola súa banda o edil de Deportes, Tino Fernández, agradeceu a implicación dos clubs resaltando que "na loita pola igualdade e o recoñecemento e o respecto porla diversidade tense avanzado bastante pero aínda así queda moito camiño por percorrer, e tamén no mundo do deporte".
No vídeo participaron diversos clubs da cidade de diferentes disciplinas, como son o Pontevedra Club de Fútbol, Sociedad Deportiva Teucro, Club Cisne Balonmán, Club Baloncesto Arxil, Sociedad Gimnástica, Club Ximnasia Treboada, Escola Hungaresa de Esgrima, Club Taekwondo Mace Sport, Cidade de Pontevedra Fútbol Sala e a Asociación Xoán XXIII.
Relacionadas:
-
O Concello e o Cisne unen forzas para trasladar aos escolares que estudos e deporte son compatibles
Por Redacción |
-
"Cobiza" de María Reimóndez, Premio Pinto e Maragota, xa está nas librarías
Por Alejandro Espiño |
-
A memoria e realidade LGTBIQ+ chega aos institutos de Pontevedra a través da peza documental "Persoas S.A."
Por Redacción |