Axustes de calendario atrasan a outubro o Nacional Sprint de Tríatlon de Pontevedra
Por Redacción
Cambio de data para o Campionato de España Sprint de Tríatlon que ten previsto disputarse en Pontevedra este ano 2021.
Segundo comunicou a concellería de Deportes da cidade, axustes nos calendarios da Federación Española de Tríatlon e da Federación Internacional (ITU) provocaron un movemento na data prevista para este campionato, que pasa ao mes de outubro.
Concretamente o Nacional Sprint terá lugar finalmente os días 2 e 3 de outubro, unha semana máis tarde do inicialmente fixado.
Trátase dunha competición que xa se disputou en 2020 en Pontevedra, sendo a primeira competición post-Covid do tríatlon nacional, modificando o seu formato cara a un contrarreloxo para adaptarse ás medidas de prevención e cun protocolo que foi posto de exemplo por parte da Federación Española.
Nesta ocasión o edil de Deportes, Tino Fernández, sinalou que espera que "a evolución da pandemia e do ritmo de vacinacións permita celebrar en condicións de seguridade unha proba de gran importancia para Pontevedra".
Relacionadas:
-
Triatletas de todas as categorías participarán en Pontevedra no campionato de España de tríatlon sprint
Por Redacción |
-
O Concello confirma a apertura das instalacións deportivas desde categoría alevín
Por Redacción |
-
Pontevedra repetirá en 2021 como sede do Nacional Sprint de tríatlon e queda sen o Pro Tour
Por Redacción |
-
Pontevedra repite presenza en 2021 no calendario nacional de tríatlon
Por Redacción |
-
A FETRI poñerá a Pontevedra como exemplo para a organización competicións masivas ao aire libre
Por Redacción |