Fixada para o domingo 7 de marzo a visita do Pontevedra a Riazor
Por Redacción
Sen xornada esta semana na Segunda División B, os focos de atención diríxense xa cara á seguinte data no calendario, que para o Pontevedra Club de Fútbol depara un partido transcendental para as súas aspiracións e futuro inmediato, e á vez é un dos máis esperados polos afeccionados, a visita ao Real Club Deportivo no estadio coruñés de Riazor.
Ninguén podía imaxinar ao principio de curso que ese partido podería resultar decisivo para clasificarse soamente entre o cuarto e o sexto posto e así seguir aspirando a entrar na Primeira RFEF pola vía máis complicada, e é que para a maioría de analistas e afeccionados os dous equipos estaban situados como aspirantes claros ao primeiro posto. Con todo a tres xornadas do final os coruñeses son sextos con 20 puntos mentres que os granates perséguenlles con 18 puntos.
O encontro, que estaba pendente de data oficial, finalmente disputarase o vindeiro domingo 7 de marzo a partir das 19.00 horas, e será retransmitido en directo polas cámaras da segunda canle da Televisión de Galicia.
O #DéporPontevedra xogarase en #ABANCARIAZOR o domingo 7 ás 19:00 h. ( @TVGalicia 2) https://t.co/pjGaKCo1jT pic.twitter.com/YBW2alHt6J
— RC Deportivo (@RCDeportivo) February 26, 2021
O Pontevedra, aproveitando o parón, ten planificado un final de semana con adestramento na matinal do sábado en Xeve e descanso na xornada do domingo, para retomar o luns a súa preparación centrados en tentar conseguir os tres puntos en xogo fronte ao Deportivo.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Deportivo péchanse en Pasarón e Riazor para preparar ao mínimo detalle un partido vital
Por Diego Espiño |
-
O Deportivo reparte a presión: "É un partido importante non só para nós, tamén o Pontevedra xógase moito"
Por Diego Espiño |
-
Charles cre que "o fútbol está a ser inxusto" co Pontevedra e avisa: "Neste equipo ninguén baixa do barco"
Por Diego Espiño |
-
Cinco sesións camiño á 'final' de Riazor
Por Diego Espiño |
-
Luisito, tras o seu episodio de trombose: "A doutora díxome que me salvei de milagre. Tiven moita sorte"
Por Diego Espiño |
-
Luisito recupérase do susto tras sufrir un trombo no brazo coa intención de non perder máis adestramentos
Por Diego Espiño |
-
Problemas de saúde apartan a Luisito do primeiro adestramento da semana
Por Diego Espiño |
-
As (complicadas) contas do Pontevedra para salvar a tempada e entrar na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Un chispazo de Miki condena a un Pontevedra negado de fronte ao gol (0-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |