Os clubs deberán decidir que categorías priorizan para adestrar nas instalacións deportivas mentres continúe o toque de queda
Por Redacción
O concelleiro de Deportes e tenente de alcalde Tino Fernández anunciou que as instalacións socioculturais municipais continuarán pechadas durante as próximas datas mentres non diminúa a incidencia da pandemia por baixo dos 50 casos por cada 100.000 habitantes.
Pola contra, as instalacións deportivas de titularidade municipal atópanse xa abertas para o desenvolvemento de adestramentos e competicións nas categorías Infantil, Cadete e Xuvenil. Tino Fernández referiuse tamén ao estudo que realiza a Real Federación Galega de Fútbol para retomar as competicións nas categorías de Alevín, Benxamín e Prebenxamín. Desde o Concello entenden que se se decide establecer un calendario de competición abriranse as instalacións "aínda que non nos guste", manifestou o concelleiro.
Tino Fernández fixo un chamamento á Federación que dirixe Rafael Louzán para que "actúe con sensatez". Explicou que se menores de seis anos comezan a práctica deportiva competitiva iso conlevará a presenza dos seus proxenitores que os acompañarán ás instalacións. Segundo a responsable da área de Deportes, esa decisión supoñería un perigo potencial que nós trastaríamso de minimizar. Solicitamos á Federación que considere a medida dadas as datas nas que nos atopamos"
O concelleiro tamén lembrou que desde o 26 de xaneiro existe un protocolo para os adestramentos e competicións para as categorías de Infantil, Cadete e Xuvenil no municipio. Ese protocolo quedou paralizado debido ás restricións establecidas pola Xunta de Galicia pero agora volve activarse.
De todos os xeitos, Fernández lembrou aos responsables dos equipos que existe un problema cos horarios. Agora, os diferentes clubs deportivos deberán decidir que categorías adestran nas instalacións municipais debido a que o toque de queda mantense ás 22.00 horas e iso obriga a pechar os recintos ás 21.30 horas, cando noutras circunstancias pechábanse entre as 23.30 e as 00.00 horas.
Por este motivo, os clubs pontevedreses terán que decidir se adestran os xuvenís, benxamíns ou infantís, debido ao menor número de horas dispoñibles. O concelleiro sinalou que se darán todas as facilitades e estableceranse os protocolos necesarios pero indicou que, polo momento, non se poden dar máis horas das que se están ofrecendo.
Relacionadas:
-
Os deportistas en idade benxamín poderán adestrar e xogar en instalacións municipais "a partir da próxima semana"
Por Redacción |
-
O PP asegura que Pontevedra "é a única cidade na que nenos de menos de 10 anos non van poder xogar ao fútbol"
Por Diego Espiño |
-
O fútbol pontevedrés de base ponse en marcha máis dun ano despois
Por Redacción |
-
O PP propón unha normativa para regular o acceso dos clubs ás instalacións municipais
Por Manu Otero |
-
Tino Fernández aplaude que a Xunta "admita ao fin que hai que aplicar criterios de prevención e prudencia no deporte"
Por Redacción |