Daniela Suárez consegue para o Galaico Sincro unha medalla de prata no Campionato de España de Natación Artística
Por Redacción
O Club Galaico Sincro está de parabéns, tras cumprir con fartura os seus obxectivos no Campionato de España Alevín e Infantil de Inverno de Natación Artística celebrado na localidade catalá de Lloret del Mar.
O resultado máis destacado foi o conseguido pola súa nadadora Daniela Suárez, conseguindo a medalla de prata ao finalizar como segunda mellor participante da súa idade (nada en 2008) na modalidade de figuras, conseguindo o posto 17 na clasificación entre as 314 participantes.
Trátase de todo un fito para a natación artística galega, pouco afeita a pisar podios nacionais.
Ademais a fin de semana foi redondo para o club pontevedrés, ao conseguir clasificarse por equipos para o Campionato de España Infantil de Verán de Primeira División, ao que accedían os 16 mellores. Precisamente nesa posición concluíron as pontevedresas superando a 10 dos seus rivais, quedando xusto por detrás doutro club galego como o Sincro Ourense que tamén logra o pase á competición nacional.
En canto á categoría alevín o Galaico Sincro finalizou no posto o posto 22 da clasificación xeral.
Relacionadas:
-
A pontevedresa Daniela Suárez, co equipo nacional infantil de natación artística
Por Redacción |
-
Derrubando tabús coa natación artística masculina
Por Redacción |
-
Experiencia rusa para o Galaico Sincro
Por Redacción |
-
As promesas da sincronizada galega completan unha fin de semana de tecnificación en Pontevedra e Vigo
Por Redacción |
-
A pontevedresa Daniela Suárez, convidada a un campus nacional de natación artística
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro retoma os seus adestramentos
Por Redacción |