O Viajes Interrías sofre pero finaliza líder a primeira fase ligueira despois de vencer o Valladares (0-1)
Por Almu Dapena
Partido transcendental o disputado entre Viajes Interrías e Valladares este domingo, no que o equipo de Sanxenxo sufriu durante os 90 minutos para facerse coa vitoria que as fai líderes da clasificación unha vez chegado ao final da primeira fase de Primeira División Nacional.
O equipo vigués causou moitos problemas ao Interrías, que fixo cambios na súa aliñación para darlle minutos a xogadoras menos habituais. Así, na primeira parte non tivo ocasións, mentres o Valladares poñíaas en aprietos con numerosas chegadas á área de Tania.
Xa no descanso, Luís Treviño deu entrada a Raquel, Uxía e Dapena, que deron aire fresco a un Viajes Interrías necesitado do gol e que empezou a sufrir menos, principalmente na saída de balón.
Tardaron en abrir a lata. Non foi ata pasada a hora de xogo, concretamente no minuto 64. Raquel, tras unha combinación de Dapena e Connie, rematou de bolea para poñer o 0-1.
A pesar do gol, as visitantes non viñeron arriba, senón que seguiron sufrindo ante un pechacancelas que non se xogaba nada. Sobre todo despois da expulsión de Mery, que levaba pouco máis de 10 minutos no campo cando, nunha xogada fortuíta, cravou os tacos na cabeza de Vanesa que se retirou do campo lesionada.
A partir de aí, regresaron os nervios e máis cando o Valladares estrelou un disparo no traveseiro da portería de Tania, que foi capaz de manter a portería a cero ata que o árbitro pitou final do encontro.
Relacionadas:
-
Arousana e Umia empezan con bo pé a fase pola permanencia
Por Almu Dapena |
-
O Interrías inicia en boa posición a carreira polo ascenso á Segunda RFEF
Por Redacción |
-
Nati dá a vitoria o Umia no derbi ante o Atlético Arousana (0-1)
Por Almu Dapena |
-
Tres goles a balón parado dan a vitoria o Viajes Interrías fronte o Mos (3-0)
Por Almu Dapena |
-
Derrotas do Viaxes Interrías, Umia e Atlético Arousana a falta de dúas xornadas para o final da liga
Por Almu Dapena |