Un sábado de bateis en Bueu
Por Redacción
O peirao de Bueu dará a saída este sábado, 27 de marzo, a partir dás 16 horas, á Regata XI Bandeira Concello de Bueu de bateis, organizada polo Club do Mar en colaboración da administración local.
A clásica proba de remo volve así ao calendario reunindo aos clubs e tripulacións da zona sur da comunidade nun campo de regatas que se establecerá desde o peirao ata a praia da Robaleira.
Así está prevista a participación de CM Bueu, CR Chapela, Amegrove CR, CR Mecos, SD Samertolameu, CCD Cesantes, SD Tirán, CR Virxe da Guía, CMD San Martiño, CR Coruxo, CR Vila de Cangas, CR Vilaxoán e CR Robaleira.
A regata celebrarase en formato en liña, con quendas lanzadas na mesma categoría cun minuto de intervalo, e con cinco minutos entre as diferentes categoría.
A competición dará comezo coas traiñeiras de categoría alevín, infantil, cadete xuvenil e absoluta feminina, para despois continuar coas diferentes categorías masculinas.
Desde a organización da XI Bandeira de Bateis aseguraron na presentación da proba que se cumprirán con todos os protocolos covid, polo que apelan á precaución e responsabilidade dos asistentes para que respecten as medidas de seguridade e hixiene establecidas.
CAMPIONATO DE PATINAXE ARTÍSTICA
O Club Ánfora de Patinaxe Artística, a Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Bueu organizan este domingo 28 de marzo o XX Campionato Galego de Patinaxe Artística Show, que se celebrará no Pavillón Municipal Pablo Herbello, sen a presenza de público sendo retransmitida a través da web da Federación.
Esta competición, da que sairán os grupos que representarán a Galicia no próximo Campionato de España, terá lugar durante todo o día.