A etapa de La Vuelta con saída en Sanxenxo partirá do Porto Deportivo
Por Diego Espiño
La Vuelta Ciclista a España presentou este venres en Santiago de Compostela as etapas da edición de 2021 que discorrerán por Galicia, incluíndo a que partirá o 4 de setembro desde Sanxenxo con 173,6 quilómetros de percorrido pola provincia para finalizar en Mos.
Será a penúltima xornada da carreira, con todo por decidir e coincidindo "con el día grande de Sanxenxo", lembrou o alcalde Telmo Martín en referencia do día de Santa Rosalía e a Festa da Cebola, que coincidirá coa caravana ciclista. "Va a ser un evento tanto en lo deportivo como en lo social muy importante para la villa", recoñeceu o rexedor.
O dispositivo de saída de La Vuelta instalarase na contorna do Porto Deportivo, para comezar a súa ruta polo Paseo de Silgar cara a Portonovo. Despois os ciclistas encararán a estrada da costa en dirección a Pontevedra, pasando pola capital no quilómetro 16 para enfilar cara ao sur por Redondela e Porriño e en dirección ao explosivo final que espera en Mos.
"Es una etapa que yo creo que va a sorprender, aquí no tenemos un Angliru o unos Lagos de Covadonga pero tenemos una continuidad de puertos cortos y duros que pueden sorprender. Estoy convencido de que aquí se le puede dar la vuelta a la carrera", explicou o deseñador do percorrido, o ex-ciclista e gañador do Tour, Óscar Pereiro.
O ruta incluirá ata cinco dificultades montañosas, finalizando no alto do Castro de Herville, en Mos, de segunda categoría.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e Pontevedra poñen en marcha un operativo polo paso de La Vuelta a España
Por Oskar Viéitez |
-
A Feira da Cebola e La Vuelta, eventos para celebrar Santa Rosalía en Sanxenxo
Por Redacción |
-
La Vuelta a España cruzará o centro da vila de Portonovo
Por Redacción |
-
La Vuelta 2021 decídese en Galicia: Sanxenxo será saída dunha etapa de montaña e Compostela acollerá a crono final
Por Manu Otero |