Afundimento no derbi dun Cisne negado en ataque (20-24)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Derrota das que desbasten a encaixada este mércores no Pavillón Municipal dos Deportes polo Dicsa Modular Cisne, superado no derbi provincial por un Cangas Frigoríficos do Morrazo moito máis acertado e intenso e que dá un paso de xigante cara á permanencia na máxima categoría. Pola contra os pontevedreses ven como se afasta máis unha salvación que empeza a parecer case un imposible, e é que tal e como cualificaran na previa o duelo, aprazado no seu día pola covid, era toda unha final para reengancharse á pelexa.
Non empezaron mal os de Jabato, apoiados sobre todo por un espectacular Jorge Villamarín na portería. O gardameta local detivo os catro primeiros ataques do Cangas, algo que non aproveitaron os seus compañeiros en ataque rendibilizando un único gol, do extremo Carlos Álvarez.
A intensidade defensiva dos do Morrazo era máxima, tamén funcionaba o 6-0 do Cisne, o que auguraba un encontro a poucos goles. O que non esperaba ninguén era que fosen tan poucos para os locais na primeira metade, penalizados por erros e perdas.
O primeiro gol do Frigoiríficos produciuse pasados os 5 minutos, pero aos poucos os de Nacho Moyano foron crecendo no duelo. Iso si, non foron capaces de empezar a dominar ata unha polémica dobre exclusión (pola segunda das sancións), que convertiron no 2-3.
Villamarín mantiña aos seus no encontro ata que chegados ao ecuador do primeiro acto produciuse o primeiro momento importante. Tres perdas consecutivas aproveitounas Dani Fernández en varias rápidas contras para penalizar e de que maneira o Cisne. Nin un tempo morto de Jabato foi capaz de deter a sangría abríndose unha importante renda de 4-8.
Gayoso conseguía o quinto gol dos seus rompendo unha serie de 5 minutos sen anotar, pero é que o Cisne encadeou despois 9 minutos máis sen volver ver porta, totalmente atrancado. Demasiado tempo pese ao nivel da defensa. O resultado, que podía ser peor, foise ao 6-11 ao descanso.
Era obrigada unha reacción tras o paso polos vestiarios, pero esta non chegou. O segundo acto comezou con dúas paradas consecutivas de Javi Díaz para os visitantes, subindo a súa porcentaxe de efectividade por encima do 50%. Iso uníase a que a intensidade defensiva do Cisne baixaba un piñón, o que facía crecer a desvantaxe en favor dun Cangas que xa xogaba co tempo e controlando marcador, e que ademais recuperaba mesmo o average, algo que parecía impensable tras o 26-33 do partido de ida.
Jabato esgotaba os seus tempos mortos a falta de 20 minutos cun contundente 9-18 no electrónico, ao ver como o seu equipo era incapaz de meterse no partido.
A brecha chegou a ser de 10 goles (12-22), e aínda que xa sen presión o Cisne melloraba o seu rendemento non era o día, fallando ata catro lanzamentos de 7 metros no partido e accións claras. Aínda así nun ataque de dignidade final conseguiu polo menos maquillar o resultado e salvar o average ante un rival que se deixou ir no tramo final sabendo que os puntos os tiña xa no peto.
Tarde para esquecer dun Dicsa Modular que ve reducidas notablemente as súas opcións de permanencia. Boa parte desas esperanzas poñeranse en xogo o vindeiro sábado na pista doutro rival directo, o Nava.
Consulta as estatísticas do partido entre Dicsa Modular Cisne e Cangas Frigoríficos do Morrazo.
Relacionadas:
-
O Cisne rexorde das súas cinzas para superar con fartura o Guadalajara (29-25)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne, obrigado a gañar o Guadalajara para manter opcións de permanencia
Por Almu Dapena |
-
Derrota en León dun Cisne ao que se lle vai acabando tempo (35-23)
Por Redacción |
-
O Cisne apura as súas opcións de permanencia na súa visita a un Ademar León en horas baixas
Por Manu Otero |
-
Dolorosa derrota ante o Nava dun Cisne que vai costa abaixo e sen freos (24-19)
Por Almu Dapena |
-
O último tren pola permanencia para o Cisne pasa por Nava de la Asunción
Por Redacción |
-
Un derbi entre Cisne e Cangas clave para a permanencia na Asobal: "É como unha final"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne apágase tras o descanso ante un Logroño moi superior (21-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un cambio de data do encontro aprazado contra o Granollers dá aire ao Cisne antes da súa semana decisiva
Por Redacción |
-
Contundente derrota do Cisne fronte a un Bada Huesca que o deixou sen opcións (32-19)
Por Almu Dapena |