Cinco medallas para o Ciudad de Pontevedra no Campionato Galego de Novas Promesas
Por Redacción
O piragüismo galego reuniuse esta fin de semana para disputar no encoro de As Conchas do municipio ourensán de Muiños, o Campionato Galego de Novas Promesas. En total, 40 clubs galegos e máis de 600 deportistas déronse cita nesta nova proba onde os claros vencedores foron o Ciudad de Pontevedra, Pontecesures, Fluvial de Lugo e Ría de Betanzos.
A categoría infantil deixou a clasificación por equipos masculina co Fluvial de Lugo como vencedor, en segundo lugar terminou o Ría de Betanzos e en terceiro o Naval de Pontevedra. En feminina completaron o podio o Ría de Betanzos, Confraría de Pescadores Portonovo e os Náutico Cobres.
En cadete masculina venceu a E.P. Ciudad de Pontevedra, seguida de Náutico Firrete e Fluvial de Lugo. En mulleres, a vitoria levoulla o Náutico Pontecesures por diante do Kaiak Tudense e Piragüismo Verducido.
En infantil B de kaiak, Gael Bernal (Piragüismo Verducido) conseguiu un apertado triunfo fronte a compañeiro de equipo Alexandre Baliñas e Marcos González (Naval de Pontevedra). Sofía Parada (Piragüismo Cambados) conseguiu a primeira posición na competición feminina e seguíronlle Karla Enriques (Kaiak Tudense) e Eva García (Náutico Cobres).
Daniel Davila (As Torres) levou a vitoria en canoa, sendo Juan Aguado (Fluvial de Lugo) foi segundo e Antón Lagares (Ría de Betanzos) terceiro. En mulleres, as tres primeiras prazas ocupáronas Marta Castiñeiras (As Torres), Silvia Gago (Náutico O Muiño) e Mariña Busto (As Torres).
En categoría infantil A de kaiak venceu Natalia Moreira (E. P. Ciudad de Pontevedra), seguida de Lara Rodriguez (Piragüismo Verducido) e Iris Collazo (Náutico Cobres), mentres que Borja López (Cabanas KDM) gañaba a proba en kaiak, o segundo clasificado foi Miguel Blanco (Ría de Aldán) e o terceiro Daniel Moscoso (Fluvial de Lugo).
En canoa A o primeiro clasificado foi o padeeiro Jairo Zurita ( As Torres), o segundo posto levoullo Alejandro Gómez (Piragüismo Poio-Conservas Pescamar) e terceiro foi Antonio Silva (Breogán). A clasificación feminina terminou con Lara Besada (Breogán) primeira, Candela Romero (Náutico Pontecesures) segunda e Alicia Otero (E. P. Ciudad de Pontevedra) terceira.
Os distintos podios individuais na categoría cadete A kaiak foron para Martín López (Cabanas KDM) David Pazos (Piragüismo Verducido) e Iago García (Kaiak Foz) en masculino e para Ánxela Fontán (Piragüismo Verducido), Ada Fernández (Grupo Xuvenil) e Uxía Rodríguez (Kaiak Tudense) en feminino.
Pedro Torrado (As Torres) alcanzou a primeira praza na modalidade de canoa, seguido por Iago Álvarez (Náutico Rodeira) e Pedro Aboal (Piragüismo Poio). As canoistas Alba Rodríguez (Piragüismo Poio) e Uxía Álvarez (Ría de Aldán) levaron o ouro e a prata e Aitana Rodríguez (Náutico Firrete) o bronce.
Finalmente, en cadete B o primeiro posto foi para Victor Devesa (Cidade de Lugo) en Kaiak, seguido por Antón Dourado (Illa de Arousa) e Óscar Allegue (Náutico Firrete). A vencedora feminina foi Lucía Tenreiro (Piragüismo Illa de Arousa), e o segundo e terceiro lugar do podio ocupárono Verónica Rodiño (Piragüismo Verdudico) e Daniela Álvarez (Kaiak Tudense).
Martín Expósito (E.P. Ciudad de Pontevedra) levou o triunfo en canoa masculina, Nicolás Braña (Piragüismo Poio- Conservas Pescamar) terminou segundo e Gerrmán Quintas (Piragüismo Poio- Concervas Pescamar) terceiro. Natalia Varela e Nerea Novo do Náutico Pontecesures levaron o ouro e a prata en mulleres e o bronce foi para Iria Tilve do Piragüismo Poio.
Relacionadas:
-
O piragüismo pontevedrés, entre os mellores no Campionato de España de Novas Promesas en Banyoles
Por Redacción |
-
Naval e Ciudad de Pontevedra dominan o autonómico de inverno
Por Redacción |
-
Pontevedra postúlase como sede do Campionato de España de Piragüismo Maratón
Por Diego Espiño |
-
Verducido acollerá o 9 de abril o Selectivo no que Teresa Portela debe confirmar a súa praza olímpica
Por Diego Espiño |
-
O Ciudad de Pontevedra finaliza entre os dez primeiros no Campionato de España de Inverno
Por Redacción |