Loito no Cisne polo falecemento do seu ex-presidente José Ramón Monteagudo
Por Redacción
O Club Cisne Balonmán está de loito, tras confirmarse este luns 5 de abril o falecemento dun dos seus ex-presidentes, José Ramón Monteagudo, aos 71 anos de idade.
Monteagudo estivo aos mandos da entidade durante os últimos anos da década dos 80 e principios dos 90, e pertence a unha familia moi ligada ao Cisne.
De feito, tal e como resaltou o club, os seus fillos Coco, Moncho e Miguel foron xogadores do Cisne ao longo das súas historia, sendo actualmente Miguel Monteagudo uno dos actuais membros da xunta directiva.
Acabamos de recibir la triste noticia del fallecimiento de José Ramón Monteagudo, expresidente de nuestro Club y padre de Coco, Moncho y Miguel, todos jugadores del Cisne a lo largo de su historia. Queremos trasladar nuestro más sentido pésame a sus familiares y amigos. D.E.P pic.twitter.com/pSaLv5g4sT
— DICSA Modular Club Cisne Balonmano (@ClubCisneBalonm) April 5, 2021
Ás 5.30 horas deste martes 6 de abril celebrarase un funeral na súa memoria na Basílica de Santa María a Maior, cumprindo as normas ditadas polas autoridades sanitarias en cuestión de aforo.