As toupas fan seu o campo de fútbol de Burgáns, en Cambados
Por Redacción
O Club Juventud Cambados ten esta tempada un inimigo moito máis preocupante que calquera rival deportivo, as toupas.
Estes pequenos animais fixeron 'seu' o campo municipal de Burgáns, causando importantes danos sobre unha xa de seu difícil de manter, e máis nas circunstancias actuais.
Desde o club amarelo, cuxo primeiro equipo milita esta campaña en Preferente, cualifican de "precaria" a situación do terreo de xogo.
"Entendemos as complexidades que leva consigo o mantemento dunha superficie como é o céspede natural, pero vémonos no deber de manifestar publicamente nosa profunda preocupación, pois as extremas condicións actuais desta instalación municipal non só afectan ao correcto desenvolvemento da actividade deportiva, senón que tamén supoñen un risco para a integridade física dos nosos xogadores", sinala a directiva do Cambados.
Ao tratarse dunha instalación municipal solicitan ao Concello "que atenda urxentemente unha problemática da que fixemos constancia en repetidas ocasións".