Aprazado o partido do Ribadumia fronte ao Estudiantil polo confinamento do conxunto santiagués
Por Redacción
Semana de descanso, obrigada, para o Club Deportivo Ribadumia na fase pola permanencia na Terceira División.
O conxunto aurinegro debía recibir este domingo 11 de abril na Senra o Vistalegre Estudantil, pero o choque foi aprazado polo confinamento do conxunto santiagués.
Un positivo por coronavirus horas antes do seu primeiro partido da segunda fase obrigou xa a pasada semana a suspender o duelo entre o Estudantil e a UD Ourense.
Durante estes días, segundo informa a entidade compostelá, os xogadores foron sometidos a probas PCR de control, resultando todas elas negativas a excepción do xogador contaxiado inicialmente. A pesar diso, os futbolistas deben completar un illamento de 10 días, segundo decretan as autoridades sanitarias, ao considerarse contactos estreitos do afectado, e ese confinamento non se cumprirá ata a próxima semana.
COMUNICADO: O partido do próximo domingo fronte ao @cd_ribadumia tamén foi adiado, debido ao confinamento ao que siguen sometidos os nosos xogadores.
— Vista Alegre Estudiantil CF (@VistaCf) April 8, 2021
Salvo o xogador que dou positivo o pasado sábado, o resto de xogadores deron negativo nos test PCR aos que foron sometidos. pic.twitter.com/ryzerENfGr
Relacionadas:
-
O Ribadumia ponse ao día cun triunfo ante o Estudiantil que lle fai saír do descenso (2-0)
Por Redacción |
-
Dobrete de Hugo Soto para dar a vitoria o Ribadumia nas Pontes (1-2)
Por Redacción |
-
Arosa e Ribadumia coñecen o seu novo calendario nos grupos de Terceira polo ascenso e a permanencia
Por Redacción |