Teresa Portela imponse no selectivo de Verducido e gaña oficialmente a praza para os Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño
Agora si, xa é oficial. Teresa Portela converterase nos Xogos de Tokyo na deportista española con máis participacións olímpicas, con seis.
A padexeira de Aldán certificou este venres no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, a súa praza no equipo nacional para a cita xaponesa no K-1 200.
La gallega Teresa Portela acaba de ganar el selectivo nacional de K1 200 en Verducido que le da la titularidad para los Juegos Olímpicos.
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) April 9, 2021
En Tokio se convertirá en la deportista española con más participaciones olímpicas. pic.twitter.com/Blvr6kQE7Y
Portela lograra co seu bronce mundial o pasado ano a clasificación para Tokyo para unha embarcación, algo que noutras ocasións supoñía directamente o pasaporte pero que esta vez debía ser referendado nun control selectivo organizado pola Real Federación Española de Piragüismo.
No Pontillón cinco piragüistas competían coa pontevedresa pola praza, pero unha vez máis demostrou non ter rival na súa distancia sendo a máis rápida tanto na semifinal como na decisiva quenda final .
En Xapón Teresa Portela pelexará por pechar a súa carreira deportiva cunha medalla olímpica que se lle resiste, tras ser quinta en Atenas 2004 e Pequín 2008, cuarta en Londres 2012 e sexta en Río 2016.
En declaracións aos medios de comunicación tras o selectivo, recollidas polas cámaras da Televisión de Galicia, a deportista recoñeceu sentirse "realmente emocionada porque son máis de 20 anos da elite. É duro manterse durante tantos anos", explicou afirmando que "poder estar nesa cita é a miña gran medalla".
IMPRESIONANTE @teriportela que participará nos seus sextos xogos
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) April 9, 2021
Así estaba de emocionada
"Síntome emocionada porque son máis de 20 anos na elite, é duro manterse durante tantos anos. Poder estar alí e a miña gran medalla"@federaciongapi @RFEPiraguismo @COE_es pic.twitter.com/QSv1B0WIzj
Relacionadas:
-
O encoro de Verducido convértese no centro de alto rendemento para os canoistas españois
Por Manu Otero |
-
Teresa Portela, feliz tras a súa prata olímpica "porque quien la sigue, la consigue"
Por Diego Espiño |
-
Prata!! Teresa Portela, subcampioa olímpica no K-1 200 metros
Por Diego Espiño |
-
Pase directo a semifinais de Teresa Portela tras un prometedor debut nos Xogos
Por Diego Espiño |
-
Últimos ánimos a Teresa Portela antes de viaxar aos Xogos de Tokyo "a por todas"
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome consegue o pase ao Preolímpico no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
Carolina García consegue primeiro billete pontevedrés para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O acceso ao preolímpico, en xogo para o piragüismo pontevedrés no encoro de Trasona
Por Diego Espiño |
-
Naval e Ciudad de Pontevedra dominan o autonómico de inverno
Por Redacción |
-
Verducido acollerá o 9 de abril o Selectivo no que Teresa Portela debe confirmar a súa praza olímpica
Por Diego Espiño |