O Cisne, obrigado a gañar o Guadalajara para manter opcións de permanencia
Por Almu Dapena
As opcións para a permanencia en Liga Asobal para o Dicsa Modular Cisne pasan por vencer este sábado no Pavillón Municipal ao Guadalajara (19:00 horas), "uno de los equipos que iba a pelear por la salvación" pero que, a día de hoxe, "parte con más ventaja para esta recta final", destaca o segundo adestrador pontevedrés, Quiños.
Trátase dun equipo que "ha hecho una combinación de jugadores más veteranos con jugadores jóvenes y talentosos de Madrid", entre os que destaca o internacional de case dous metros Pablo Paredes ou a lenda do balonmán español José Hombrados.
No seu xogo sobresae a tarefa defensiva "muy intensa", ademais do perigo en ataque para o que o Cisne ten que tentar "que no te corran, que eso en Asobal es perder muchos goles", asegura Quiños. Tamén teñen que estar atentos ao lanzamento de exterior de Arthur, Savini, Tito Díaz ou do Corchi, este último "capaz de hacer cosas espectaculares" segundo o técnico branco.
Aínda así, o equipo lerezano buscará reencontrarse cunha vitoria diante da súa afección que lle permita incrementar a moral para a recta final de tempada.
Relacionadas:
-
O Cisne ponse ao día nunha nova final pola permanencia
Por Manu Otero |
-
O Cisne rexorde das súas cinzas para superar con fartura o Guadalajara (29-25)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Derrota en León dun Cisne ao que se lle vai acabando tempo (35-23)
Por Redacción |
-
Dolorosa derrota ante o Nava dun Cisne que vai costa abaixo e sen freos (24-19)
Por Almu Dapena |
-
Afundimento no derbi dun Cisne negado en ataque (20-24)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |