Umia e Interrías suman tres valiosos puntos contra o Monte e Racing de Santander B
Por Almu Dapena
Interrías e Umia CF quedaron cos tres puntos este sábado despois de vencer ao Monte e ao Racing de Santander. As de Sanxenxo sufriron no seu debut na loita polo ascenso pero acabaron vencendo por 2-1 ao Racing de Santander B. Pola súa banda, o equipo da Bouza endosou un 3-0 ao Monte que o afianza na quinta posición do grupo pola permanencia.
VIAXES INTERRÍAS 2-1 RACING DE SANTANDER
Comezou sufrindo o Interrías coa primeira chegada do Racing no minuto tres, pero Irene Campo non controlou ben o centro da súa compañeira e acabou enviándo o balón pola liña de fondo.
Non foi ata o minuto 10 cando as de Luís Treviño empezaron a xerar perigo enviando balóns ás costas da defensa para que Connie correse e sacase o centro, obrigando a intervención da gardameta.
As de Cantabria causaron perigo na área de Isa veces contadas, mentres o Interrías empezaba a notarse cómodo co paso dos minutos, e máis co autogol de Aroa tras unha falta lateral sacada por Balo cando se cumpría a media hora de xogo.
Á hora de partido ampliou a súa renda o Interrías. De novo a balón parado, Balo enviou o esférico ás costas da defensa e Judit cabeceou á rede visitante, colocando o 2-0 que parecía que lles daría tranquilidade. Con todo, o Racing deu un paso adiante, mentres as de Sanxenxo empezaban a mostrarse nerviosas e perdían o balón en zona de perigo.
Dun erro nun pase de Lola reduciu distancias o equipo cántabro, que se metía de cheo no partido para facer sufrir a un Interrías que aguantou como puido para facerse co primeiros tres puntos de segunda fase ligueira.
UMIA CF 3-0 MONTE
Cun hat- trick de Eva fíxose coa vitoria o Umia na Bouza. Non tardou en decantar a balanza ao seu favor o equipo de Barrantes, que se adiantaba no minuto tres cun zurdazo de Eva desde fóra da área.
Reaccionou o Monte con senllas chegadas nos minutos catro e seis, obrigando a intervención de Pipa, que salvaba os mobles ás súas.
As de Cantabria non tiveron máis ocasións, mentres o Umia defendíase rápido do xogo directo do rival, que buscaba balóns longos para a dianteira e facíase cos balóns aéreos con facilidade.
Anotou o segundo a sete do equipo local antes de alcanzar o descanso. Esta vez tivo fortuna, xa que o seu disparo raso escorregóuselle á porteira cántabra e coouse na portería.
Despois do descanso, o Umia gozou de moitas ocasións, moitas delas grazas ao desborde por banda da debutante Noa, que deu a sorpresa na Bouza. Con todo, non foi ata o minuto 90 cando sentenciaron, de novo por mediación de Eva.
Relacionadas:
-
Sufrida pero valiosa vitoria do Interrías ante o Gijón FF (2-0)
Por Almu Dapena |
-
O Interrías fai os deberes e vence o Racing de Santander (1-2)
Por Almu Dapena |
-
O Arousana regresa de Cantabria con tres puntos de ouro (2-3) e o Interrías cede ante o Gijón FF (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Arousana e Umia empezan con bo pé a fase pola permanencia
Por Almu Dapena |
-
O Interrías inicia en boa posición a carreira polo ascenso á Segunda RFEF
Por Redacción |
-
Nati dá a vitoria o Umia no derbi ante o Atlético Arousana (0-1)
Por Almu Dapena |