Andrés Sánchez, do Cisne, operado con éxito da súa rotura de ligamento cruzado
Por Manu Otero
O xogador do Cisne Andrés Sánchez xa foi operado da rotura do ligamento cruzado do seu xeonllo dereito. Informan desde o club que a intervención foi un éxito e que nas próximas semanas o central, que se perderá o que queda de tempada, iniciará o proceso de recuperación para volver ás pistas nun período que non será inferior aos seis meses.
O deportista fíxose dano a finais do mes de febreiro no seu xeonllo durante un adestramento nunha acción que acendeu todas as alarmas na entidade pontevedresa. Despois de ser sometido a unha resonancia magnética, os peores presaxios facíanse realidade e ao revelar o diagnóstico unha rotura completa do ligamento cruzado que obrigan a Sánchez a dicir adeus á tempada.
A lesión chegou no peor momento para os intereses cisneístas, inmersos na loita pola permanencia con enfrontamentos contra rivais directos e a piques de retomar a liga despois do segundo parón motivado por un brote de coronavirus no vestiario.
A pesar do sensible da baixa, o cadro branco logrou refacerse e manter vivas as súas opcións de salvación. Mes e medio despois de producirse a lesión, Sánchez inicia a súa recuperación. Unha boa noticia que no vestiario branco esperan celebrar cun segundo triunfo consecutivo esta tarde no Municipal contra o Granollers.
Relacionadas:
-
Andrés Sánchez, en plena recuperación da súa lesión de xeonllo, renova co Cisne
Por Redacción |
-
Pequeno respiro para un Cisne que aspira a dar guerra no tramo final da tempada
Por Diego Espiño |
-
O Cisne cede o seu extremo Jose Leiras ao Torrelavega ata final de tempada
Por Manu Otero |
-
Guilherme Valadao aterra en Pontevedra para salvar o Cisne e conseguir o seu billete a Tokio
Por Manu Otero |
-
Malas novas para o Cisne: Andrés Sánchez ten roto o ligamento cruzado do seu xeonllo
Por Diego Espiño |
-
Preocupante lesión de Andrés Sánchez no Cisne
Por Diego Espiño |