Lete Lasa ve na dupla galaico canaria que forman Patricia Suárez e María Cantero o futuro da vela galega
Por Redacción
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo este mércores un encontro de traballo coas regatistas Patricia Suárez e María Cantero, que forman equipo desde outubro do 2020 co obxectivo de chegar a representar a España nos Xogos Olímpicos de París 2024.
O mandatario autonómico celebrou a sociedade galaico-canaria convencido de que"colleitará grandes resultados baixo a atenta mirada do seu adestrador Antón Paz que xa sabe o que é colgarse un ouro olímpico". Ve Lete Lasa nesta parella un "proxecto de éxito e de futuro para a vela galega".
Neste sentido, o secretario quixo destacar que Patricia Suárez xa conseguiu a praza olímpica para España no 49er FX no mundial do 2019 en Nova Zelandia e quixo poñer en valor o apoio brindado pola Xunta a través da entrega ao Centro Galego de Vela dunha embarcación de vela desta clase que supuxo un investimento de 32.276 euros financiados integramente pola Xunta.
Relacionadas:
-
Xunta e Concello de Vilagarcía colaborarán na reforma integral do pavillón de Fontecarmoa
Por Redacción |
-
Aprobado o protocolo do Consello Superior de Deportes que regula a actividade do deporte non profesional
Por Redacción |
-
O deporte galego prepara un protocolo para situacións de contaxio
Por Redacción |