Primeiros movementos no Arxil pensando na próxima tempada
Por Redacción
Coa tempada recentemente finalizada, o Club Baloncesto Arxil empeza a mirar ao seu futuro, facendo tamén balance dun curso que "non foi polos leitos que previamos non cumprindo os obxectivos que tiñamos, que era xogar a liga de nova creación e o obxectivo de xogar a fase de ascenso", recoñece o directivo arxilista Lino Vázquez.
A nivel deportivo non pasar o corte e meterse entre os equipos que participarán nunha categoría de nova creación, só por baixo da Liga Feminina, supuxo un pau para as pontevedresas, que a pesar de todo non renuncian á posibilidade de optar a algunha das prazas vacantes que poidan quedar.
Nese suposto desde o Arxil dan valor á súa experiencia e ao feito de ser o único equipo que xogou todas e cada unha das tempadas da Liga Feminina 2 desde a súa creación.
Esta nova liga contará con 16 equipos. En total serán 30 xornadas de fase regular cun ascenso directo e outro mediante un play- off. Pola súa banda a Liga Feminina 2, na que queda encadrado por agora o club verde, contará con dous grupos de 14 equipos.
"A nivel deportivo e de desenvolvemento do proxecto vai ser moi atractiva. Vai ser unha liga cun calidade e cunha esixencia maior", prognostica Vázquez.
Neste escenario empezáronse a dar os primeiros pasos do novo proxecto. "Polos perfís de xogadoras que eu intúo que teñen que estar nesa liga está claro que non vale todo o persoal deste ano", recoñece o directivo arxilista.
No apartado de saídas dúas xogadoras teñen complicado continuar ao contar con outras propostas, como son Sara Castro e a bosníaca Salmra Omerbasic, mentres que Natalia López está pendente de oposicións en Castela e León que lle poden facer cambiar de destino. A iso súmanse a norteamericana Heather Forster e Noelia Masiá, en compás de espera.
Relacionadas:
-
O Arxil, molesto pola confección dunha LF2 que lle fará viaxar a Melilla, Canarias e Andalucía
Por Diego Espiño |
-
Xornadas de tecnificación nun Arxil que despide a tempada dos seus equipos
Por Redacción |
-
A tempada do Arxil en Liga Feminina 2 comezará o 2 de outubro
Por Redacción |
-
Aprobados os cambios no baloncesto feminino, co Arxil nunha LF2 que pasa a ser a terceira categoría
Por Redacción |
-
O Arxil despídese da tempada con derrota ante o Ardoi (45-62)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Arxil e a Liga Feminina 2, dúas décadas de relación ininterrompida
Por Redacción |
-
O Arxil sentencia no primeiro cuarto e sela a súa permanencia en Liga 2 (40-58)
Por Almu Dapena |