Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño
A Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra pode sentirse máis que orgullosa das súas padexeiras, e é que tres embarcacións con deportistas do club pontevedrés estarán no Preolímpico continental que se celebrará a mediados de maio en Hungría.
Primeiro foi Carolina García no K-2 500 xunto a Sara Ouzande (Kaiak Tudense) e na segunda xornada logrou a súa clasificación Antía Jácome no C-1 200 metros.
A guinda púxoa este xoves de novo Antía Jácome, nesta ocasión no C-2 500 metros que comparte coa marinense Antía Otero, ao lograr impoñerse no selectivo nacional que se está celebrando no encoro asturiano de Trasona cun tempo de 2:04.442, superando a Patricia Coco e María Corbera, segundas cun tempo de 2:06.300.
SELECTIVO SPRINT 2021 pic.twitter.com/UanvjZwfbr
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) April 22, 2021
Agora Jácome e Otero buscarán en Hungría, coincidindo coa Copa do Mundo de Szeged na que a pasada tempada colgáronse un ouro, unha das dúas prazas olímpicas que reparte o clasificatorio. Difícil, pero nin moito menos imposible, e a recompensa é nada menos que unha praza para os Xogos Olímpicos de Tokyo o próximo verán. Ademais clasificáronse para o Mundial e o Europeo, no caso de celebrarse.
O outro triunfador este xoves en Trasona foi o cangués David Barreiro (Breogán do Grove) ao conseguir o billete en xogo para o Preolímpico no C-1 1.000 metros, ao impoñerse na foto finish ao seu compañeiro de equipo Noel Domínguez. Na mesma proba competían varios representantes da comarca, como Martín Jácome (EP Ciudad de Pontevedra), Manuel Fontán (O Muíño), Diego Romero (Breogán), Yeray García (Piragüismo Illa de Arousa) e o pontevedrés Adrián Sieiro (Piragüismo Poio Pescamar), que pechou a clasificación con problemas e despedíndose da súa última opción para ser olímpico en Xapón.
SELECTIVO SPRINT 2021 pic.twitter.com/VTU8H7ItQ7
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) April 22, 2021
O selectivo nacional sprint de piragüismo finalizará este venres 23 de abril, pero xa sen repartir máis prazas para o clasificatorio olímpico.
En canto ao Preolímpico continental, poñerá en xogo dúas prazas para os Xogos no C-2 500 feminino e unha praza no K-2 500 e C-1 200 feminino e tamén no C-1 1.000 metros masculino. De non lograr aí o billete olímpico, aínda quedará a última repesca mundial o mesmo mes de maio en Rusia, aínda que no seu caso só para embarcacións individuais.
Relacionadas:
-
Antía Jácome xogarase na 'casa' a súa presenza nos Xogos de Tokyo, o 1 e 2 de xullo
Por Diego Espiño |
-
Antía Otero e Antía Jácome tómanse o desquite en Szeged cunha prata na Copa do Mundo de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Carolina García e Sara Ouzande despídense dos Xogos coa cabeza alta tras ser terceiras no Preolímpico
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero rozan a clasificación pero quedan sen praza olímpica no C-2
Por Diego Espiño |
-
Carolina García métese na final de K-2 do Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O deporte pontevedrés, pendente do Preolímpico de piragüismo en Hungría
Por Diego Espiño |
-
O virus de Epstein-Barr, un inimigo silencioso que deixou a Sergio Vallejo e Adrián Sieiro sen Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Bo papel do piragüismo pontevedrés na I Copa de España Sprint 2021
Por Redacción |
-
Antía Jácome consegue o pase ao Preolímpico no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
Carolina García consegue primeiro billete pontevedrés para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O acceso ao preolímpico, en xogo para o piragüismo pontevedrés no encoro de Trasona
Por Diego Espiño |
-
Teresa Portela imponse no selectivo de Verducido e gaña oficialmente a praza para os Xogos de Tokyo
Por Diego Espiño |