O Oviedo B, un filial "un pouco máis feito" que o Sporting
Por Diego Espiño
Sen respiro. O Pontevedra Club de Fútbol afronta o vindeiro domingo 25 (18.00 horas) no campo do Requexón, en Oviedo, unha nova xornada da fase pola permanencia na Segunda RFEF, consciente de que unha derrota pódelle facer caer a postos de descenso.
De momento os granates mantéñense como líderes do grupo con 26 puntos, pero con só dous de vantaxe sobre a zona quente e un sobre o seu próximo rival, un Oviedo B que "é un filial quizáis un pouco máis feito que o Sporting. Máis experto", analiza José Luis Míguez 'Luisito' facendo referencia por exemplo aos "dous ou tres futbolistas que xa no son sub-23".
O técnico recoñece que tras o resultado contra o Lealtad non queda outra que ir a por os tres puntos, máis se cabe tendo en conta que será o primeiro de dous duelos consecutivos a domicilio. "A media inglesa penso que nos chega, pero unha vez que empatas na casa hai que buscar unha vitoria fóra", sinala.
O preparador de Teo espera un encontro similar ao vivido hai poucas semanas en Xixón, fronte ao filial sportinguista. "Vai a ser un partido complicado como o foi en Mareo", cun contrincante "que trata moi ben o balón".
A dúbida para o Pontevedra estará na convocatoria e en se finalmente Charles pode viaxar co equipo, tras a escordadura de nocello que se produciu no adestramento do xoves en Pasarón. Para substituírlle pode entrar na convocatoria un canteirán como Iñaki, que "merece xogar algo máis comigo", recoñece Luisito aínda que "non quero perxudicar o filial que está para ascender". Será en todo caso unha decisión que non se tomará ata a sesión de adestramento deste sábado.
O colexiado do choque no Requexón será o vasco Daniel Palencia Caballero, co que os granates só se cruzaron unha vez nos últimos anos, na 16-17, con triunfo a domicilio precisamente en Asturias, ante o Lealtad (0-1).
Relacionadas:
-
Empate que sabe a pouco para o Pontevedra en Oviedo (0-0)
Por Diego Espiño |
-
O que lle faltaba ao Pontevedra: Charles retírase lesionado do adestramento e é dúbida para viaxar a Oviedo
Por Diego Espiño |
-
A loita pola permanencia na Segunda RFEF, nun puño
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, lento e desacertado, estrélase contra o muro do Lealtad (0-0)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |