Pablo Dapena, subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O traballo ten a súa recompensa e así o demostrou Pablo Dapena. O triatleta pontevedrés proclamouse subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria e confirma o seu regreso ao máximo nivel de competición.
O Dúatlon Movéndonos por Poio foi a antesala ao reto maiúsculo que lle esperaba a Dapena este sábado en Canarias, onde competiu ante triatletas da talla do campión mundial de Ironman, Jan Frodeno ou Patrick Lange.
A proba comezou ás 9:00 hora peninsular, e por diante tiñan 1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 de carrrera a pé.
O primeiro en saír da auga foi Andrea Salvisberg, seguido moi de preto dun grupo de oito entre os que se atopaban Frodeno e Dapena a 12 segundos e Lange a 50 segundos da cabeza de carreira.
No segmento ciclista formouse un grupo de seis con Frodeno e Dapena entre eles. O pontevedrés mantívose unido ata a T2 en 12 segundos.
Co paso das horas, as condicións meteorolóxicas complicábanse. A temperatura alcanzou os 29 graos, todo un hándicap ao que tiñan que facer fronte os atletas ademais do cansazo acumulado ata o momento.
A pesar diso, a carreira a pé foi a máis emocionante. Aínda que o alemán non tivo rival e mantivo o ritmo para ir en primeira posición en todo momento, Dapena rabuñaba segundos a cada quilómetro percorrido. Lange apareceu para obrar unha forte remontada e adiantar ao pontevedrés no quilómetro 13, situándose a 1:21 de Frodeno e ofrecendo unha espectacular competición a pé para os afeccionados.
Finalmente, o alemán foi campión cun tempo de 3:41:21, seguido de Pablo Dapena (3:42:30) e de Nick Kastelein (3:42:42). Patrick Lange foi cuarto (3:43:05).
"Es un resultado increíble", explicou o pontevedrés, emocionado, na súa chegada á meta. Un segundo posto que é o "premio de mucho trabajo" e demostra que "estoy trabajando bien".
Coas boas sensacións recuperadas, Pablo Dapena xa pensa no seu próximo reto, o Challenge de Riccione (Italia) o próximo 9 de maio.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena viaxa a Polonia a por a súa primeira vitoria do ano
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena e Saleta Castro buscan o asalto ao olimpo da franquía Challenge en Austria
Por Redacción |
-
Pablo Dapena, á fronte do World Bonus da franquía Challenge tras o seu segundo posto en Italia
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena confirma o seu bo estado cun segundo posto no Challenge Riccione
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, a confirmar o seu bo momento de forma no Challenge Riccione
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena ponse a punto no Dúatlon Movéndonos por Poio, con Aida Valiño como vencedora feminina
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Frodeno, Lange... e Pablo Dapena: Duelo de campións mundiais no Challenge Mogán Gran Canaria
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, "decepcionado" co seu 12 posto no Challenge Miami, primeiro gran reto da tempada
Por Almu Dapena |