O Ravachol perde 'in extremis' co Alicante e ve peligrar a permanencia (3-4)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A permanencia en División Honra periga para o Bádminton Ravachol, que xa non depende de si mesmo para manter a categoría despois de caer esta fin de semana no duelo ante Alicante por 3-4. O CGTD acolleu unha desas finais que se deciden 'in extremis', mantendo en albas a unha afección que viviu unha tarde emocionante de bádminton.
Comezou a xornada co dobres mixto. Elena Fernández e Javier Sánchez enfrontáronse a Helena Sánchez e Alberto Perals nun partido moi serio no que puido gañar calquera. Finalmente foron os pontevedreses os que remontaron para vencer por 14-21, 21-19, 22-20.
En feminino, Georgina Bland e Elena Fernández medíronse con Helena Sánchez e Ana Ramírez nun partido no que as visitantes se esforzaron para remontar e levar o duelo nun final de infarto por 21-19, 12-21, 20-22.
En masculino, Javier Sánchez e Manuel Brea competiron contra Miguel Esteve e José Luis Martín. Os locais fixéronse co partido no terceiro set, no que venceron con claridade no último set aos de Alicante (21-19, 17-21, 21-16).
Co 2-1 no marcador, chegou a quenda dos duelos individuais. En masculino, Manuel Brea retirouse por unha lesión de nocello despois dun intenso primeiro set que se suspendeu no 19-20; e en feminino, Georgina Bland esmagou a Ana Caballero por un 21-10, 21-12.
Co 3-2 os alacantinos culminaron o encontro levándose os dous últimos partido. Primeiro, Ana Carbón perdeu con claridade contra Ana Ramírez, que venceu pola vía rápida por 13-21, 15-21, igualando o global en 3-3. Finalmente, Gabriel Fernández fíxose co primeiro set, pero Alberto Perals deu a volta ao marcador para levar o partido por 21-18, 12-21, 7-21.
Dura derrota para o Bádminton Ravachol por 3-4, que dá un paso atrás no obxectivo da permanencia e segue en última posición con 9 puntos e un encontro menos, que se disputará o luns 26 fronte o Eivissa. O último partido ligueiro será o venres 30 en Sevilla.
Relacionadas:
-
O Bádminton Ravachol certifica o seu descenso con derrota ante o Rinconada (5-2)
Por Almu Dapena |
-
O Bádminton Ravachol cae en Eivissa e queda abocado ao decenso "salvo milagre"
Por Diego Espiño |
-
Semana de infarto para o Bádminton Ravachol pola supervivencia na División de Honra
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol descende á última posición tras caer ante o Arjonilla (3-4)
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O Ravachol recoloca o seu desprazamento a Eivissa para o 26 de abril fuxindo da Semana Santa
Por Redacción |