Segundo e terceiro posto para a Gimnástica na primeira xornada ligueira
Por Redacción
A estrea nas ligas nacionais para a Sociedad Gimnástica de Pontevedra non puido ser mellor. O equipo masculino desprazouse a Pamplona e logrou o terceiro posto con 181 puntos, mesma puntuación que o Grupompleo Pamplona. Mentres, o feminino viaxou a Gijón, onde se fixo con 182.5 puntos que as colocan en segunda posición.
O equipo masculino logrou dous segundos postos en substitucións. En 4x100 con Gabriel, Jordi, Sergio e Oriol e 4x400 con Nacho, Roberto, e os dous David.
En saltos, concretamente de lonxitude, David Ferrer, foi segundo e Raúl Cortizo oitavo. Cuarto foi Xisco López en pértega, e Santi Ferrer sexto. En altura, Miguel Madruga logrou o primeiro posto e Sergio Sanabria o sexto. Finalmente, en triplo salto a Gimnástica logrou un segundo e terceiro posto con Anxo Blanco e Alfonso Palomanes, respectivamente.
En 400 valos Nacho Sarmiento chegou en primeiro lugar, seguido de Roberto Tello que foi quinto. En 110 metros, Xisco López foi segundo e Joao Ribeiro quinto.
En 100 metros libres Gabriel de la Cruz foi segundo e Jordi Fossas oitavo. 200 metros libres Iñaki Cañal alcanzou a meta en quinto lugar. Sergio Rodríguez, pola súa banda, foi sétimo. Oriol Madi chegou en terceiro lugar en 400 metros libres, seguido moi de preto de David Abalde, cuarto.
Pola súa banda, en 800 metros libres David de la Fuente conseguiu o primeiro posto. Imanol Cardona chegou cuarto. Izzeddine chegou cuarto en 1500 libres e Alberto Moral oitavo.
En 3000 obstáculos Javier Andrés foi cuarto e Manuel Lorenzo quinto. Mentres, en 3000 metros libres Carlos Porto chegou terceiro e Victor Riobó foi sexto.
En 5000 metros marcha, Dani Chamosa fíxose coa primeira posición. Jaime Cañas, pola súa banda, foi quinto.
En lanzamento de xavelina Raúl Pagán foi quinto, e Santi Ferrer oitavo. En lanzamento de peso, Diego Casas foi o segundo que mellor lanzou e Imanol Cardona o sexto. Mentres, Edgar Capdevila foi cuarto en martelo e Sergio Paredes quinto.
Pola súa banda, o equipo feminino conseguiu o primeiro posto en substitucións de 400 e de 100. Os 400 metros con Natalia, Paula, Irene e Eugenia e os 100 metros con Raquel, Cristina, Eva e Xiana.
Paula de la Torre tamén foi primeira en 800 metros, e Inés Vázquez chegou sexta. En 400 libres Eugenia Gil tamén logrou a primeira posición. Irene Barbé foi quinta. Xiana González chegou en terceiro lugar en 200 metros libres e Natalia Meaños foi quinta.
Antía Chamosa tamén foi primeira en 5000 metros marcha. Alba Pérez foi terceira. A primeira posición tamén a logrou Iria Rodríguez en 3000 metros libres. Lorena Patiño foi sétima. Pola súa banda, en 1500 libres Iria Rodríguez chegou cuarta e Mariña Porteiro oitava.
Outro primeiro posto logrouno Lucía Ferrer en 110 metros vala, seguida de Marta Barragáns que foi segunda. En 400 valos, Iris Vilches foi sexta e Ana Isabel Fiestras foi sétima.
En 3000 obstáculos Eva Arias foi cuarta e Candela García oitava; en salto de altura Aloia Vilas foi cuarta, seguida de Andrea Villaverde que foi sexta. Villaverde repetiu en lonxitude, onde tamén logrou a sexta posición. Marrta Barragáns, en cambio, foi terceira. En triplo salto Eva Salvado foi sétima e Mariña Pérez oitava.
En lanzamentos, Andrea González e Claudia Puig foron segunda e terceira en xavelina. En peso, Andrea foi cuarta e Sandra Carballo sétima; e en disco, María Ezquerro foi terceira e Claudia Puig, quinta. Finalmente, en lanzamento de martelo Iria Filgueira foi segunda e Eva Santos, terceira.
Relacionadas:
-
A Gimnástica, terceira en Soria, dá un paso cara á permanencia na División de Honra
Por Redacción |
-
Cuarto posto na Copa de Europa de Lanzamentos para Diego Casas, atleta da Gimnástica
Por Redacción |
-
Soria e Vigo, sede dos segundos encontros de liga para a Gimnástica
Por Redacción |
-
A Gimnástica e o Concello impulsan un novo circuíto de atletismo en pista
Por Diego Espiño |
-
Víctor Gallego perde unha xornada de liga coa Gimnástica por primeira vez en 14 tempadas
Por Diego Espiño |
-
Ouro e prata para a Gimnástica no Campionato Galego Absoluto de Clubs
Por Redacción |
-
Antía Chamosa e Diego Casas logran o billete para o europeo sub23 de Noruega
Por Redacción |