Jessica Bouzas cae en tres sets ante a número 92 do mundo na previa do Master 1000 de Madrid
Por Redacción
Non puido ser, pero Jessica Bouzas despídese coa cabeza alta da súa primeira participación nun torneo Master 1000, concretamente no Mutua Madrid Open.
Aos seus 18 anos e desde o posto 640 da clasificación WTA, a tenista vilagarciá recibiu unha das ' wild card' da organización para disputar a súa fase previa, deparando o sorteo un enfrontamento ante a 92 raqueta do mundo, a bieolorrusa Aliaksandra Sasnovich.
A pesar de caer en tres mangas (5-7, 6-4, 1-6), Bouzas vendeu cara a súa derrota este martes na xornada inaugural do Open, primeiro nun igualado primeiro set que se decidiu por pequenos detalles e logo sobrepoñéndose no segundo parcial para pechalo 6-4 ao seu favor con tres xogos consecutivos.
No definitivo set Sasnovich sacou a relucir a súa maior experiencia para terminar decidindo o partido ao seu favor tras 1 hora e 59 minutos de batalla sobre a terra batida da Caja Mágica.
Derrota, si, pero con boas sensacións para unha tenista que está a protagonizar un gran inicio de tempada e que aínda conta con moito marxe de mellora.
Relacionadas:
-
Jéssica Bouzas levanta o seu primeiro título do ano no W15 de Villena
Por Redacción |
-
Jéssica Bouzas e Celia Cerviño pechan a tempada co seu mellor ranking WTA
Por Diego Espiño |
-
Jéssica Bouzas, coa Selección Española nas finais da Billie Jean King Cup
Por Redacción |
-
A arousá Jessica Bouzas, convidada á fase previa do Master 1000 de Madrid
Por Redacción |