Jorge Fernández recibe a alta e apunta á convocatoria para visitar o Covadonga
Por Diego Espiño
Por fin boas novas para o Pontevedra Club de Fútbol a nivel de lesións, despois de varias semanas de contratempos.
Jorge Fernández superou a escordadura de xeonllo que lle fixo perderse os tres últimos partidos de liga do equipo e apunta á convocatoria para a visita ao Covadonga asturiano.
"Posiblemente viaxe", recoñeceu este venres Luisito en rolda de prensa sinalando que "adestrou bastante ben esta semana" e que o propio futbolista "díxome que as sensacións eran moi boas".
Os granates recuperan deste xeito efectivos, ao que se suma a melloría física de Rufo e de Charles, tras xogar con molestias nas últimas semanas.
De feito, en relación ao brasileiro, o técnico encomiou o "esforzo tremendo que fixo o outro día en Oviedo, porque tiña o pé que daba medo", tras a escordadura de nocello que se produciu durante a semana e que a punto estivo de facerlle non xogar. "Outro futbolista, co que el leva feito no fútbol e sendo que é o máis fácil tería sido decir que non podía xogar", incidiu o adestrador.
Tanto Charles como Rufo "adestraron bastante mellor esta semana", polo que a súa presenza no once inicial o domingo fronte ao Covadonga antóllase segura salvo contratempo de última hora.
Relacionadas:
-
Dous goles de Rufo e un de Borja tomban o Covadonga e permiten respirar ao Pontevedra (0-3)
Por Diego Espiño |
-
O Covadonga, un equipo modesto pero "temible a nivel ofensivo"
Por Almu Dapena |
-
Luisito pide máis á segunda liña: "Aquí ten que marcar goles máis xente, non só Rufo e Charles"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra con menos gol desde a 04/05 en Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Empate que sabe a pouco para o Pontevedra en Oviedo (0-0)
Por Diego Espiño |
-
O granate Jorge Fernández sofre unha escordadura de xeonllo e podería estar de baixa tres semanas
Por Manu Otero |
-
Jorge Fernández retírase lesionado do adestramento e será baixa en Xixón
Por Diego Espiño |