O Covadonga, un equipo modesto pero "temible a nivel ofensivo"
Por Almu Dapena
O Pontevedra Club de Fútbol afronta esta fin de semana o inicio da segunda volta da fase final pola permanencia en Segunda División B. O seu rival, o Covadonga, un equipo modesto pero "temible a nivel ofensivo" que "só mira acara adiante", afirma Luisito.
Un problema que se suma á falta de gol dos granates, que cambian a un escenario de herba artificial onde terán que "defender moi ben" porque "son moi traicioneiros". "Temos que estar ao 200 por cen senón imos sufrir. Atacan continuamente con seis futbolistas, fan as cousas a nivel ofensivo moi ben, con xogadores que teñen gol", asegura o de Teo.
De feito, o que ten claro o técnico do Pontevedra é que ao seu equipo non lle vale outra cousa que gañar, "é o obxectivo único". Gañar e manter a portería a cero. "Como non lle defendas ben non tes posiblidade", afirma. Algo que considera "difícil", xa que o Covadonga "un paso atrás non dá, vai todo para arriba. Acumulan moita xente no bordo da área con moita calidade individual".
A pesar diso, é un club que sofre moito a nivel defensivo e leva ás súas costas 46 goles en contra, hándicap que tentará aproveitar o equipo granate para deixar atrás a seca goleadora que os está penalizando.
Relacionadas:
-
Dous goles de Rufo e un de Borja tomban o Covadonga e permiten respirar ao Pontevedra (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Jorge Fernández recibe a alta e apunta á convocatoria para visitar o Covadonga
Por Diego Espiño |
-
Luisito pide máis á segunda liña: "Aquí ten que marcar goles máis xente, non só Rufo e Charles"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra con menos gol desde a 04/05 en Segunda División
Por Diego Espiño |
-
Empate que sabe a pouco para o Pontevedra en Oviedo (0-0)
Por Diego Espiño |
-
Intento de resurrección do Pontevedra, que gaña pero non esmaga (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |