O Bádminton Ravachol certifica o seu descenso con derrota ante o Rinconada (5-2)
Por Almu Dapena
Era un trámite pero había que pasalo. O Bádminton Pontevedra certificou o seu descenso da máxima categoría do bádminton español despois de caer na súa visita ao Rinconada por un contundente 5-2.
Aínda que as matemáticas deixaban opcións aos pontevedreses para pelexar pola permanencia, chegaban á última xornada ligueira minguados polas baixas de catro dos seis xogadores habituais para Jesús Pereiro.
A pesar do resultado e das lesións, o Ravachol aferrouse ás súas opcións cunha primeira vitoria en dobres mixtos de Javier Sánchez e Georgina Bland fronte a Jaume Pérez e Laura Molina (16-21, 21-23).
O Rinconada igualou en dobres feminino con Marta e Laura Molina, que esmagaron por 21-8 e 21-4 a Laura Miguens e María Torres. Máis complicado puxérono Javier Sánchez e Gabriel Fernández en dobres masculino, pero finalmente caeron por 21-13 e 21-14 ante Jaume Pérez e Carlos Piris.
Cos sevillanos co marcador a favor, o resto foi un mero trámite. E máis cando Jesús Pereiro tívose que retirar lesionado no seu duelo individual fronte a Fran Oliveirais. Pola súa banda, Raquel Miguens fixo o que puido no seu enfrontamento con Marta Calleja, pero a xogadora local sumou outro punto para o seu equipo derrotando á do Ravachol por 21-12, 21-6.
Xa sen opcións de vitoria, chegou a quenda de Gabriel Fernández e Carlos Piris, onde o xogador do Rinconada venceu por 21-9 e 21-6. Finalmente, o último duelo caeu a favor do Bádminton Pontevedra. Georgina Bland fixo o punto final para o seu equipo despois de gañar a Nerea Díaz por un dobre 21-11.
Esta derrota supón o descenso do equipo pontevedrés da División de Honra na súa primeira experiencia na categoría. Non é o mellor desenlace, pero desde o club están satisfeito polo rendemento do equipo durante toda a tempada.
Relacionadas:
-
A Federación Española ofrece ao Bádminton Ravachol unha praza en División de Honra
Por Diego Espiño |
-
A ampliación da División de Honra abre unha vía ao Bádminton Ravachol para tentar seguir na máxima categoría
Por Diego Espiño |
-
O Bádminton Ravachol avanza na súa planificación deportiva renovando a Gabriel Fernández
Por Redacción |
-
Manuel Brea convértese na segunda renovación do Bádminton Ravachol
Por Redacción |
-
A renovación de Georgina Bland, primeira pedra do novo proxecto do Ravachol despois do descenso
Por Redacción |
-
O Bádminton Ravachol cae en Eivissa e queda abocado ao decenso "salvo milagre"
Por Diego Espiño |
-
O Ravachol perde 'in extremis' co Alicante e ve peligrar a permanencia (3-4)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Bádminton Ravachol descende á última posición tras caer ante o Arjonilla (3-4)
Por Cristina Saiz & Redacción |