Pasarón e o Municipal, preparados para unha ampliación de aforo
Por Diego Espiño
Despois dunha tempada deportiva marcada polas severas restricións en canto ao aforo dos recintos deportivos, os clubs pontevedreses esperan contar cun maior apoio dos seus afeccionados nas bancadas no tramo final da competición.
Esquecidos os encontros a porta pechada, a Xunta de Galicia foi fixando diferentes aforos máximos para os eventos deportivos, que en todo caso non superaron en ningún momento o milleiro de espectadores ao aire libre.
Con todo iso cambiou nos últimos días, ao permitir o goberno autonómico ata 5.000 espectadores no Estadio Municipal de Riazor para o RC Deportivo-Langreo, ata 3.000 seguidores no Racing de Ferrol-Numancia na Malata ou 2.500 no partido entre Celta B e Cultural Leonesa celebrado no estadio de Balaídos. No seu caso a cifra foi lixeiramente menor ao estar Vigo nunha situación de alerta de nivel medio. A iso súmanse os 1.500 afeccionados do Breogán de Lugo que puideron presenciar a fin de semana en directo o triunfo do seu equipo fronte ao Palma.
GRAZAS á representación da #MareaCeleste que acudiu ao Pazo por ser un exemplo de comportamento e cumprimento das normas de seguridade que permiten ter un #PazoSeguro
— Río Breogán (@CBBreogan) May 2, 2021
Grazas tamén ao persoal de portas e seguridade polo seu traballo.
Co esforzo de todos venceremos! #ForzaBreo pic.twitter.com/kLeaxfnlgP
Con estes antecedentes o Pontevedra Club de Fútbol espera colocarse na contorna dos 3.000 espectadores de máximo para o encontro que lle medirá ao Sporting B en Pasarón o vindeiro domingo 9 de maio (17.00 horas), nunha cita importante para amarrar canto antes a permanencia na Segunda RFEF. Trátase dunha cifra que lembra xa ás asistencias a calquera partido das últimas campañas na Segunda B, e que permitirá a entrada non só dos seus abonados. O club granate, que tramitou a petición de ampliar o seu aforo, atópase á espera da confirmación por parte da Dirección Xeral de Saúde Pública.
Esta situación tamén beneficia aos partidos no Pavillón Municipal dos Deportes, cun máximo nas súas últimas citas de 500 espectadores. Neste caso o Cisne xogará o sábado 8 (20.00 horas) contra o Benidorm e o Teucro ten previsto recibir ao Zarautz en casa o vindeiro domingo 9 de maio (12.00 horas).
Relacionadas:
-
O Teucro, impotente en ataque, cae con claridade co Amenabar Zarautz (23-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne cae coa cabeza alta fronte o Benidorm (26-28)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Luisito pide "un último esforzo" a plantel e afección para pechar canto antes a permanencia
Por Diego Espiño |
-
Autorizado un aforo de 3.000 espectadores en Pasarón para os dous últimos partidos da tempada
Por Redacción |
-
Dous partidos de suspensión a Pitu pola súa expulsión fronte ao Covadonga
Por Diego Espiño |
-
"Disfrutar de la liga", obxectivo para un Cisne que pode certificar o seu descenso na cancha do Bidasoa
Por Diego Espiño |
-
Dous goles de Rufo e un de Borja tomban o Covadonga e permiten respirar ao Pontevedra (0-3)
Por Diego Espiño |