A afección do Poio Pescamar volve ao pavillón da Seca 14 meses despois
Por Diego Espiño
O momento que tanto esperou o Poio Pescamar por fin chegou. O regreso dos seus afeccionados ao pavillón municipal da Seca.
Por primeira vez esta tempada, e desde que explotou a pandemia, o conxunto conserveiro recibiu o visto e prace do Concello de Poio para permitir o acceso de espectadores aos encontros da Primeira División de Fútbol sala.
Desta forma e 14 meses despois, a marea vermella poderá gozar de novo en directo do seu equipo, nun momento clave da competición a falta de tres xornadas para a finalización da liga regular e cun posto no play-off polo título en xogo.
A estrea non podía ser ademais cun mellor cartel, xa que o vindeiro sábado 8 de maio (17.00 horas) visitará A Seca o todopoderoso Burela Pescados Rubén, recente campión da Copa da Raíña 2021.
O Poio Pescamar permitirá para este partido o acceso a 50 dos seus socios "coa idea de que todos estean separados, sexan conviventes ou non", confirma o presidente da entidade, Juanjo García.
Para poder acudir, os abonados deberán enviar un correo electrónico a poiopescamarfs@gmail.com solicitando unha entrada antes do xoves día 6.
Relacionadas:
-
Xornada clave para o Poio Pescamar co play-off polo título á vista
Por Redacción |
-
Derrota do Poio Pescamar contra o Burela a 10 segundos do final (0-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Iria Varela, citada por primeira vez coa Selección Española Sub-19 de fútbol sala
Por Diego Espiño |
-
Renovado o convenio de patrocinio entre o Concello e o Poio Pescamar
Por Redacción |
-
Duro castigo para o Poio Pescamar na súa visita a Melilla (5-2)
Por Almu Dapena |
-
Caridad salva o Poio Pescamar, que sofre para vencer o Alcorcón (2-3)
Por Almu Dapena |
-
Dobrete de Antía e de Ana Rivera para dar a vitoria ao Poio Pescamar un mes despois (4-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |