Dous partidos de suspensión a Pitu pola súa expulsión fronte ao Covadonga
Por Diego Espiño
A expulsión de Pitu o pasado domingo no partido entre Covadonga e Pontevedra Club de Fútbol saíulle cara ao extremo granate, xusto no momento no que empezaba a contar nos plans de Luisito.
O futbolista valenciano foi castigado con dous encontros de suspensión, que serían Sporting B en Pasarón e Lealtad a domicilio, polo que só poderá participar nun partido máis esta campaña ao restar só tres xornadas para a conclusión da liga.
Pitu viu a cartolina vermella directa no minuto 78 de xogo, con 0-2 no marcador, por "encararse cun adversario chocando cabeza con cabeza e golpear co brazo no seu peito con uso de forza excesiva cando o balón non estaba en disputa entre ambos", segundo sinalou o colexiado na acta arbitral.
Precisamente o feito de sinalar que non se trataba dunha disputa polo balón facía pensar nunha posible sanción de máis dun encontro, como finalmente resolveu a Xuíza Única de Competición.
Polo mesmo motivo Álvaro García foi tamén expulsado no Covadonga recibindo idéntico castigo.
Ademais a Xuíza de Competición confirmou a sanción dun partido a Víctor Vázquez 'Churre', no seu caso ao cumprir ciclo de amoestacións, polo que tampouco estará dispoñible para o técnico esta semana.
Relacionadas:
-
Condenados a sufrir ata a última xornada
Por Diego Espiño |
-
Luisito pide "un último esforzo" a plantel e afección para pechar canto antes a permanencia
Por Diego Espiño |
-
Pasarón e o Municipal, preparados para unha ampliación de aforo
Por Diego Espiño |
-
Dous goles de Rufo e un de Borja tomban o Covadonga e permiten respirar ao Pontevedra (0-3)
Por Diego Espiño |