Pablo Dapena, a confirmar o seu bo momento de forma no Challenge Riccione
Por Diego Espiño
Ata Italia desprázase esta semana Pablo Dapena para continuar coa súa tempada e participar no Challenge Riccione.
A proba, prevista para o vindeiro domingo 9 de maio, será unha oportunidade para que o pontevedrés demostre o seu bo momento de forma, tras o seu brillante segundo posto no Challenge Mogán-Gran Canaria só superado polo intratable Jan Frodeno, actual campión mundial Ironman.
En Riccione, localidade situada na costa de Emilio-Romana, Dapena afrontará unha carreira de media distancia (1.900 metros de natación, 90 quilómetros de ciclismo e 21 quilómetros de carreira a pé) con serias aspiracións de podio.
En todo caso en fronte o campión mundial de longa distancia terá duros rivais, destacando o alemán Sebantian Kienle, campión mundial Ironman en 2014 e con quen xa compartiu o 'World Bonus' da franquía Challenge en 2018. Tamén figuran na lista de saída o alemán Andi Boecherer, o suízo Ruedi Wild ou o belga Pieter Heemeryck, entre outros.
A carreira profesional masculina do Challenge Riccione dará comezo ás 9.30 horas da mañá do domingo.
Relacionadas:
-
Pablo Dapena viaxa a Polonia a por a súa primeira vitoria do ano
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena confirma o seu bo estado cun segundo posto no Challenge Riccione
Por Almu Dapena |
-
Pablo Dapena, subcampión no Challenge Mogán de Gran Canaria
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Pablo Dapena ponse a punto no Dúatlon Movéndonos por Poio, con Aida Valiño como vencedora feminina
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Frodeno, Lange... e Pablo Dapena: Duelo de campións mundiais no Challenge Mogán Gran Canaria
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, "decepcionado" co seu 12 posto no Challenge Miami, primeiro gran reto da tempada
Por Almu Dapena |