Autorizado un aforo de 3.000 espectadores en Pasarón para os dous últimos partidos da tempada
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol xa coñece ao fin con que aforo poderá contar o Estadio Municipal de Pasarón para o partido do próximo domingo 9 (17.00 horas) fronte ao Sporting B e tamén para o duelo do 23 de maio ante o Real Oviedo Vetusta.
A Dirección Xeral de Saúde da Xunta de Galicia confirmou ao club granate a ampliación do aforo no estadio ata un máximo de 3.000 espectadores, superando desta forma o milleiro de afeccionados por primeira vez en toda a tempada.
A pesar da ampliación, segue sendo necesario confirmación previa de asistencia. Para os socios isto pasa por chamar á sede do Pontevedra (986 865 607) ou enviar un correo electrónico a socios@pontevedracf.com.
Ademais a entidade pontevedresa puxo á venda entradas para o encontro a un prezo de 20 euros en Tribuna e Preferencia e de 15 euros nos fondos
En canto ao Pavillón Municipal dos Deportes, esta fin de semana tanto Cisne na Liga Asobal como o Teucro na División de Honra Prata poderán contar con 500 afeccionados nas bancadas.