O pontevedrés Alberto Gómez, entre os árbitros designados para a fase de ascenso a Segunda División
Por Redacción
É só a súa terceira tempada na Segunda División B, pero o seu bo facer non pasou desapercibido para os responsables da Real Federación Española de Fútbol.
O pontevedrés Alberto Gómez Lameiro é un dos 24 colexiados seleccionados para a fase de ascenso a Segunda División que comeza este próximo sábado 15 de maio en Estremadura.
Gómez Lameiro logrou ascender á categoría de bronce do balompé nacional ao termo da campaña 2017-2018, e desde entón dirixiu un total de 32 encontros de liga e un de Copa, 10 deles esta mesma campaña.
Ademais do representante do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra foi designado para o play-off outro colexiado galego, o asistente lugués Brais García Valín.
ÁLVARO JUNCAL, CANDIDATO Á SEGUNDA RFEF
O CTA de Pontevedra ten ademais outro motivo para alegrarse, e é que un dos seus colexiados superou a primeira fase do Programa de Talentos e Mentores en Terceira División e optará ao ascenso á nova categoría da Segunda RFEF.
Trátase de Álvaro Juncal Moreira, un dos catro galegos que lograron avanzar á fase nacional que se realizará os días 4 e 5 de xuño. O resto son Alfonso Alcalá Rey (Santiago), Javier Figueiredo Comesaña (Vigo) e Gabriel Quintairos Rial (Vigo).
Relacionadas:
-
O árbitro pontevedrés Álvaro Juncal e o asistente Sergio Doval estarán no play-off de ascenso a Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Dobre representación da arbitraxe pontevedresa na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz recibe o Trofeo Guruceta ao mellor árbitro da Segunda División
Por Redacción |
-
Un árbitro pontevedrés entre os elixidos para dirixir o playoff de ascenso a Segunda B
Por Redacción |
-
O pontevedrés Alejandro Muñiz, entre a arbitraxe e o seu traballo de Policía en Madrid en plena alerta sanitaria
Por Diego Espiño |