Carolina García métese na final de K-2 do Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño
Primeiro reto conseguido. Carolina García pelexará este xoves 13 de maio por unha praza nos Xogos de Tokyo tras alcanzar a final do K-2 500 no Preolímpico continental que se está celebrando en Szeged, Hungría.
A padexeira da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra e a súa compañeira de embarcación, a asturiana Sara Ouzande (Kayak Tudense) tiveron con todo que empregarse a fondo para clasificarse para a final da súa proba.
A empresa en Hungría preséntase complicada, con só unha praza para os Xogos dispoñible no K-2, pero a chama segue viva tras superar a súa primeira rolda de contacto coas roldas preliminares.
García e Ouzande foron cuartas na súa serie inicial, tras unha apertada quenda na que só tres décimas separáronas da segunda posición. Esa situación obrigaba a pasar pola semifinal, na que protagonizaron unha gran saída encabezando a serie ata o triunfo que lles metía na final, cun tempo de 1:50.46.
La gallega Carolina García y la asturiana Sara Ouzande se imponen en la semi de K2 500 del clasificatorio continental. Mañana intentarán conseguir el pasaporte para los JJOO pic.twitter.com/FVbtRcYr0x
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) May 12, 2021
Agora xogaranlla todo a unha carta este xoves na final programada ás 19.12 horas da tarde, xusto a continuación do C-2 500 no que remarán Antía Otero e Antía Jácome (EP Ciudad de Pontevedra), no seu caso con máis opcións ao haber dúas prazas para Tokyo en xogo na súa proba.
Tamén competiu este mércores en Hungría o cangués David Barreiro (Breogán do Grove) no C-1 1.000. Foi quinto na súa serie e posteriormente cuarto na semifinal, polo que quedou fóra da quenda decisiva. No seu caso aínda poderá optar aos Xogos no clasificatorio mundial que se celebrará en Rusia en pouco máis dunha semana, só para embarcacións individuais.
Relacionadas:
-
Carolina García e Sara Ouzande despídense dos Xogos coa cabeza alta tras ser terceiras no Preolímpico
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero rozan a clasificación pero quedan sen praza olímpica no C-2
Por Diego Espiño |
-
O deporte pontevedrés, pendente do Preolímpico de piragüismo en Hungría
Por Diego Espiño |
-
O virus de Epstein-Barr, un inimigo silencioso que deixou a Sergio Vallejo e Adrián Sieiro sen Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome consegue o pase ao Preolímpico no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
Carolina García consegue primeiro billete pontevedrés para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |