Antía Jácome e Antía Otero rozan a clasificación pero quedan sen praza olímpica no C-2
Por Diego Espiño
Que pouco faltou! Antía Jácome e Antía Otero non puideron lograr este xoves a súa clasificación para os Xogos de Tokyo 2021 no Preolímpico de piragüismo disputado na localidade húngara de Szeged.
A pesar da súa mocidade as padexeiras da EP Ciudad de Pontevedra partían entre as favoritas ás dúas prazas para os Xogos que se repartían no C-2 500 metros, sobre todo tras mostrar un bo momento de forma no recente selectivo nacional en Trasona.
Con todo na quenda final só puideron ser quintas cun tempo de 2:09.27, deixándose ir nos metros finais tras ver como se lles escapaba entre os dedos a ilusión de ser olímpicas. As 'Antías' comezaron a regata con forza e pasaron no intermedio na segunda posición que lles outorgaba o billete a Xapón, pero finalmente víronse superadas polas tripulacións moldava e rusa.
Las gallegas Antía Otero y Antía Jácome concluyen
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) May 13, 2021
quintas el C2 500 en el preolímpico europeo quedándose así fuera de los JJOO. pic.twitter.com/snFAh3DhRW
En todo caso e aínda que o C-2 xa non poderá ir aos Xogos, a esperanza non se pechou do todo para Antía Jácome despois do papel da madrileña María Corbera clasificando o C-1 200 metros para Tokyo. A pontevedresa gañara un sitio para o Preolímpico tamén na canoa individual, ao vencer no selectivo nacional, pero os técnicos da Federación decidiron que se centrase no C-2 cedendo o seu lugar. É por iso que agora terá a oportunidade de disputarlle a praza a Corbera nun novo control entre ambas as en próximas datas.
Aínda quedándose fóra a parella formada por Jácome e Otero, a primeira pasando por pouco os 20 anos e a segunda sen chegar a eles, demostrou ter futuro en apenas un ano de adestramento xuntas, e París 2024 non aparece tan lonxe no horizonte.
Relacionadas:
-
Antía Otero recibe o apoio das Becas Podium soñando con París 2024: "Dáche forzas para crer en ti e ver que se pode"
Por Diego Espiño |
-
Tripla medalla para Antía Otero no Europeo Júnior: ouro en C-1 e prata e bronce en C-2 con Valeria Oliveira
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome xogarase na 'casa' a súa presenza nos Xogos de Tokyo, o 1 e 2 de xullo
Por Diego Espiño |
-
Copa de España e selectivo encherán de padeeiros o encoro de Verducido esta fin de semana
Por Manu Otero |
-
Antía Otero e Antía Jácome tómanse o desquite en Szeged cunha prata na Copa do Mundo de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Carolina García e Sara Ouzande despídense dos Xogos coa cabeza alta tras ser terceiras no Preolímpico
Por Diego Espiño |
-
Carolina García métese na final de K-2 do Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O deporte pontevedrés, pendente do Preolímpico de piragüismo en Hungría
Por Diego Espiño |
-
O virus de Epstein-Barr, un inimigo silencioso que deixou a Sergio Vallejo e Adrián Sieiro sen Xogos Olímpicos
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome e Antía Otero gañan o selectivo do C-2 500 e tamén se clasifican para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Antía Jácome consegue o pase ao Preolímpico no C-1 200
Por Diego Espiño |
-
Carolina García consegue primeiro billete pontevedrés para o Preolímpico de piragüismo
Por Diego Espiño |