O aprazado Arosa-Somozas xogarase o 23 de maio, e a fase de ascenso desde o 30
Por Redacción
A Real Federación Galega de Fútbol ( RFGF), tras reunirse cos seis equipos clasificados para o play- off de ascenso á Segunda RFEF, confirmou a folla de ruta do tramo final da tempada.
Iso afecta directamente ao Arosa, cun partido pendente fronte ao Somozas aprazado por un gromo de covid no conxunto coruñés. Ese choque, xunto ao tamén pendente Alondras-Polvorín, definirán a clasificación final e por tanto os cruces do play-off pola última praza de ascenso.
Os clubs aprobaron a proposta da Federación, que fixa os duelos aprazados para o vindeiro domingo 23 de maio, en horario unificado por determinar aínda que supeditado a que os futbolistas do Somozas reciban o alta nos próximos días e non se detecten máis positivos.
Nesa xornada o Arosa xogarase o terceiro posto, só tras os ascendidos Arenteiro e Bergantiños, que lle daría vantaxe no play- off xogando como local e pasando de rolda en caso de empate. En todo caso os de Vilagarcía tras a súa boa tempada empezarán a competir en semifinais na fase de ascenso, disputándose antes uns cuartos de final o 30 de maio.
En canto ás semifinais fixáronse para o mércores 2 de xuño e a gran final polo ascenso o domingo día 6.
Segundo confirmou a RFGF, os partidos serán retransmitidos pola Televisión de Galicia e contarán con público nas bancadas seguindo a normativa vixente.
Relacionadas:
-
O play-off do Arosa, aprazado por un positivo por covid no Choco
Por Redacción |
-
O Arosa xogará a fase de ascenso a 2 RFEF na casa tras vencer o Somozas por 3-1
Por Almu Dapena |
-
Aprazado o partido entre o Arosa e o Somozas ao detectarse un positivo por covid no equipo coruñés
Por Redacción |
-
Adeus ás opcións de ascenso directo para o Arosa tras caer en As Eiroas co Bergantiños (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Importante vitoria do Arosa na súa visita ao Somozas (0-1)
Por Almu Dapena |