Puntuar en Málaga para depender de si mesmos, obxectivo dun Teucro coa auga ao pescozo
Por Redacción
Coa auga ao pescozo. Así chega a Sociedad Deportiva Teucro ás tres últimas xornadas de liga, xa que a súa derrota a pasada fin de semana fíxolle caer a postos de descenso a Primeira Nacional.
Os azuis apenas teñen marxe para erro na visita este sábado 15 de maio (19.30 horas) á pista do líder da fase pola permanencia, un Trops Málaga xa salvado con 23 puntos. O Teucro pola súa banda chega á cita con 15 a un da zona de salvación que marca o Ikasa Madrid e a 3 da UE Sarrià.
Polo menos os de Irene Vilaboa seguen dependendo de si mesmos, xa que na última xornada deben xogar en casa do Ikasa Madrid. Chegar a ese compromiso coas súas opcións intactas é agora o obxectivo.
Para iso, pase o que pase no resto de pistas, será necesario rascar polo menos un punto en Málaga. Só así, aínda que o Ikasa vencese os seus dous partidos antes de verllas co Teucro, os pontevedreses seguirían dependendo unicamente do que fagan, sen mirar ao resto rivais.
Tras a súa viaxe a Málaga, o outro encontro que deben afrontar será ante o xa descendido Trapagaran vasco no Municipal, un choque no que non cabe outra opción que sacar os dous puntos en xogo.
Relacionadas:
-
A permanencia do Teucro, un paso máis preto tras a súa vitoria en Málaga (24-26)
Por Almu Dapena |
-
O Teucro, impotente en ataque, cae con claridade co Amenabar Zarautz (23-30)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Teucro celebra o seu 76 aniversario con sorteos para os seus afeccionados
Por Redacción |
-
Sufrida e valiosísima vitoria do Teucro na pista do Trapagaran para escapar de postos de descenso (24-25)
Por Diego Espiño |