Lealtad, primeira de dúas finais para un necesitado Pontevedra
Por Diego Espiño
Á tempada do Pontevedra Club de Fútbol só lle quedan 180 minutos, tempo no que se xogará o seu futuro tentando evitar o desastre que supoñería caer á quinta categoría nacional.
Os granates visitan este domingo (12.00 horas) o campo do Lealtad de Villaviciosa, Les Caleyes, un equipo descendido tras a súa derrota fronte ao Coruxo a pasada fin de semana pero que "é tremendamente complicado, entre outras cousas pola súa envergadura", defende Luisito.
Os asturianos, que na ida neutralizaron por completo o xogo pontevedrés (0-0), afrontan a cita sen presión, por iso o técnico defende que "temos que facer verlle ao Lealtad que os que nos xogamos a vida somos nós".
Segundo defende Luisito "temos que plantarnos alí, co escudo e a historia que temos detrás, a comernos o campo", e é que un triunfo, se Salamanca ou Real Oviedo Vetusta non gañan os seus encontros, pode bastar para asegurar unha praza a próxima campaña na Segunda RFEF. No caso contrario, o Pontevedra terá unha última bala en Pasarón fronte ao Real Oviedo Vetusta, equipo que marca o descenso cun punto menos e ao que superaría en calquera caso vencéndolle no duelo directo da última xornada, "pero esa será outra historia", sinala o preparador de Teo. Iso a condición de que non descenda o terceiro clasificado como peor terceiro de todos os grupos.
Churre apunta ao once inicial no seu regreso á convocatoria, unha lista que completan os canteiráns Pacheco e Iñaki ante os problemas físicos de Adrián Cruz e Charles, ademais do sancionado Pitu.
O colexiado do encontro será o vasco Ekaitz Garcia Arriola.
Relacionadas:
-
O Pontevedra desperdicia dous goles de vantaxe en Villaviciosa e xogarase o seu futuro na última xornada (2-2)
Por Diego Espiño |
-
Charles, entre algodóns antes da 'final' en Villaviciosa
Por Diego Espiño |
-
Adrián Cruz despídese da tempada por unha microrrotura muscular
Por Diego Espiño |
-
Condenados a sufrir ata a última xornada
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra, superado polo descendido Sporting B, terá que sufrir ata o final (1-2)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |