O Cisne loita ata o final pero termina caendo contra o Sinfín (30-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Nova derrota do Dicsa Modular Cisne en Liga Asobal. A pesar de que os de branco xa están matematicamente descendidos, pelexaron con uñas e dentes por unha vitoria que acabou levándose o Sinfín por tan só un gol.
Saíu mal o Cisne á cancha, atopándose cun parcial de 0-3 en contra ante as imprecisións nos lanzamentos de Preciado e Pombo. Picallo anotou no minuto catro o primeiro gol para os de branco, que deron un paso adiante para fortalecer a defensa mentres Pombo e Preciado, esta vez máis acertados, reducían distancias cun 3-4.
A vantaxe do Sinfín movíase nun ou dous goles ata alcanzado o cuarto de hora de xogo, momento no que recuperaron a renda inicial de tres tantos (7-10).
Os de Jabato non se xogaban nada, mentres o Sinfín debía gañar para ter opcións de permanencia na liga Asobal. Con todo, o Cisne pelexou con uñas e dentes, mostrando unha gran imaxe diante da súa afección para anotar o empate a falta de pouco máis de dez minutos para o final do primeiro acto (11-11).
A partir de aí a igualdade estivo servida, onde cada gol anotado polos cántabros era respondido da mesma maneira polos brancos, que aproveitaron unha falta en ataque do rival e a súa boa defensa para colocarse por diante por primeira vez no encontro cun colcón de tres tantos (min. 28 17-14), pero os visitantes reduciron diferenzas para chegar ao descanso co 18-17 no marcador.
O paso polos vestiarios sentou mellor ao equipo visitante, polo menos nos minutos iniciais, pero o Cisne, lonxe de tirar a toalla, seguiu aferrándose á esperanza de conseguir a vitoria igualando e afastándose en non máis de dous goles (min. 20, 28-26).
O Sinfín necesitaba sumar dous puntos e así o fixo. Elcio Carvalho saíu ao rescate sendo un muro baixo cando o seu equipo máis o necesitaba, parando os lanzamentos de Chan e Ángel Iglesias que supoñían o empate sobre a bucina. No seu lugar, o equipo cántabro mantivo a pequena vantaxe dun gol coa que se alcanzou o final do encontro (30-31).
Consulta as estatísticas do Cisne-Sinfín
Relacionadas:
-
Miguel Simón deixa o Cisne despois de 12 anos de servizo
Por Manu Otero |
-
O Cisne puntúa ante o Villa de Aranda a falta dunha xornada para o final da Liga Asobal (23-23)
Por Almu Dapena |
-
O Cisne cae coa cabeza alta fronte o Benidorm (26-28)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Descenso matemático do Cisne tras perder na cancha do Bidasoa (29-14)
Por Diego Espiño |