Pontevedra volverá ser unha das dez cidades embaixadoras da carreira Ponle Freno
Por Redacción
Despois de bater o récord de participación na edición virtual do 2020 con máis de 35.000 corredores, a carreira solidaria Ponle Freno regresa este ano co mesmo formato e con dez cidades embaixadoras, entre elas estará unha vez máis Pontevedra.
Este evento impulsado polo grupo de comunicación Atresmedia levará a cabo entre o 19 e o 20 de xuño nas modalidades de 5 ou 10 quilómetros.
"Coa finalidade de estar máis preto dos corredores e de que a pegada de Ponle Freno se sinta a pé de rúa, estas dez cidades verán unha forte presenza do evento nos seus espazos públicos, a través de cartelería e coa inauguración de varios tótems informativos en emprazamentos principais, no caso da nosa cidade, na Praza de España", explicou Tino Fernández, concelleiro de Deportes.
Para participar na carreira, os corredores terán que descargar a aplicación Ponle Freno Virtual, que permitirá a xeolocalización e sincronización de todos os participantes. O percorrido poderá completarse desde as 6 horas do día 19 de xuño ata as 23 horas do día 20. Despois de completar os 5 ou 10 quilómetros de percorrido, deberá subir o resultado á plaicación.
Tino Fernández anima a toda a cidadanía a participar para axudar a bater a marca do ano pasado nunha proba que mantén intacta a súa finalidade, a de recadar fondos en favor das vítimas dos accidentes de tráfico. Este ano, os fondos serán doados ao Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, centro de referencia no tratamento integral das lesións medulares.
Relacionadas:
-
O circuíto de carreiras Ponle Freno volverá facer escala en Pontevedra o 18 de xuño
Por Redacción |
-
Pontevedra e a carreira Ponle Freno pola seguridade viaria volven ir da man en formato virtual
Por Redacción |
-
A carreira 'Ponle Freno' de Pontevedra convértese nun reto solidario virtual
Por Redacción |
-
A Concellería de Deportes, na busca dunha nova data para a carreira Ponle Freno
Por Redacción |