Lupe Murillo pide desculpas pola "ilusión que generamos" e xa pensa en "buscar mejoras" para a próxima tempada
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
A vitoria do Pontevedra CF deste domingo ante o Oviedo B supuxo un gran alivio para toda a directiva, corpo técnico e afección. Por iso, despois do encontro, a presidenta do club, Lupe Murillo, quixo, entre outras cousas, agradecer a todos os espectadores que acudiron a Pasarón a animar ao equipo nun momento no que o xogaba todo.
Un plantel que iniciara a tempada ilusionando á Boa Vila e cun obxectivo moi diferente ao que se viviu neste final de curso, condicionado, quizá, pola falta de público nos estadios e ao que Murillo pide desculpas por esa "ilusión que generamos todos y que por determinadas circunstancias no se ha dado".
E aínda que non quere buscar escusas, ten claro que a asistencia de afección ao templo granate "era necesario porque llevábamos una época solos en el campo y estuvieron aquí para apoyarnos".
Co curso acabado con moito sufrimento pero coa salvación de categoría xa no peto, Lupe Murillo xa pensa na próxima tempada: "Vamos a reanimarnos para empezar con la misma ilusión y buscar mejoras", admitiu.
Aquí non quedan as palabras da mandataria granate, que "en breve" fará un balance e unha reflexión do que foi esta tempada chea de altibaixos.
Relacionadas:
-
Cinco futbolistas con contrato e moitas incógnitas no novo proxecto do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra competirá o próximo ano nunha liga con 90 equipos divididos en 5 grupos de 18
Por Redacción |
-
Luisito: "Tiña claro que si chego a descender co Pontevedra non adestro máis"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Sufrimento e salvación con goleada final (3-0) para un Pontevedra que evita caer á Terceira RFEF
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luisito: "Válenos o empate, pero hai que gañar"
Por Manu Otero |
-
200 entradas gratis para animar a encher Pasarón contra o Oviedo B
Por Manu Otero |
-
Álvaro Cortes: "O máximo que podemos darlle á afección é unha vitoria e o equipo vai ir a matar a por ela"
Por Manu Otero |