O Peixe Galego ascende á Liga EBA

Por Redacción
Menos dun ano despois de caer tres categorías de golpe por problemas burocráticos, o Marín Peixe Galego recuperou un deses banzos perdidos certificando o ascenso á liga EBA.
O cadro marinense proclamouse campión de Primeira Nacional Masculina, tras impoñerse na fase final celebrada na localidade coruñesa de Noia.
Nas semifinais do play- off os de Iván Villaverde superaron o Sigaltec Vilagarcía por un claro 72 a 57, mentres que na final desfixéronse do Bosco por 93 a 81, todo a pesar de contar coa baixa de Jacobo de Benito.
Desta forma o Peixe Galego volve rexurdir das súas cinzas unha tempada despois de quedar fóra da LEB Ouro por presentar fóra de prazo o aval requirido e despois de abonar a inscrición á Federación Española de Baloncesto.
Esa categoría aínda está lonxe, pero os de Marín volven agora a unha liga de carácter nacional cun novo proxecto ao que aspiran a dar continuidade.
Relacionadas:
-
O Peixe Galego empeza a construír o equipo do regreso a Liga EBA
Por Manu Otero |
-
O Peixe Galego confirma a súa inscrición na Liga EBA
Por Redacción |
-
Comeza a semana do baloncesto en Marín co Campionato de España Infantil feminino
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Javi Llorente asume a dirección técnica do Peixe Galego
Por Redacción |
-
Oficial: A Federación deixa o Peixe Galego sen praza en LEB Ouro e o resto de categorías nacionais
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego paga a inscrición en LEB Ouro pero chega tarde co aval e queda en mans da Federación
Por Diego Espiño |