Dominio pontevedrés na Copa de España de Medio Maratón en Talavera
Por Redacción
O río Tajo ao seu paso pola localidade manchega de Talavera foi escenario da 1º Copa de España de Medio Maratón de Piragüismo, coa participación de ao redor de 600 deportistas e unha ampla presenza de padexeiros da comarca.
O piragüismo pontevedrés rendeu a gran nivel na cita, copando moitos dos postos de honra.
Así, Tono Campos (Breogán do Grove) impúxose na carreira de C-1 senior ao catoirés Fernando Busto, mentres que Antonio Palmás (Piragüismo Vilaboa) facíase coa prata no K-1.
Pola súa banda Tania Álvarez (Breogán) gañaba tamén no K-1 sénior feminino, e a pontevedresa Jenifer Casal (EP Ciudad de Pontevedra) facía o propio no C-1.
Na categoría sub-23 foi destacado o dobrete do Piragüismo Verducido no K-1, co ouro de Joaquín Iglesias e a prata de Adrián Prada, mentres que na modalidade de canoa Jaime Duro (EP Ciudad de Pontevedra lograba a vitoria co seu compañeiro Diego Piñeiro en terceira posición.
En idade xuvenil Marta Mourelos (Breogán) engrosou o botín cun bronce no K-1.
Por último en próbalas cadete Ánxela Fontán e Verónica Rodiño (Piragüismo Verducido) foron segundas no K-2.
Relacionadas:
-
Reto mundialista en Romanía para a armada pontevedresa de piragüismo maratón
Por Redacción |
-
O piragüismo pontevedrés triunfa no Campionato de España de Maratón
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Primeiro posto para Tono Campos e Jenifer Casal no Nacional de Maratón celebrado en Pontevedra
Por Cristina Saiz & Redacción |