O Club Natación Galaico abre as súas portas
Por Redacción
Unha das entidades deportivas con maior número de licenzas da cidade, o Club Natación Galaico, busca novos membros para a súa familia.
O club pontevedrés abrirá as súas portas durante o verán para que os máis pequenos proben o seu deporte.
O Galaico anunciou que durante dúas semanas do verán organizará xornadas de portas abertas para ensinar a súa metodoloxía de traballo.
Estas xornadas de proba levarán a cabo do 28 de xuño ao 2 de xullo e do 30 de agosto ao 3 de setembro, con entrada ás 9.30 horas da mañá e saída ás 13.30 horas.
Segundo anuncia o Galaico nestes adestramentos ensinaranse diversos aspectos relacionados coa natación así como o beneficio da actividade física para a saúde.
Para máis información pode contactarse co club no teléfono 986 853 545 ou o correo electrónico galaico@cngalaico.com.
Relacionadas:
-
O Galaico sobreponse ás baixas para vencer no Campionato Galego de Verán
Por Redacción |
-
O Galaico, contento co seu nivel no Campionato de España de Natación en Augas Abertas
Por Redacción |
-
Chano Rodríguez logra o billete aos Xogos Paralímpicos con 64 anos e na última competición posible
Por Redacción |
-
O Campionato de España de Augas Abertas, un reto para o Club Natación Galaico
Por Redacción |
-
O Natación Galaico, satisfeito polo seu papel no Trofeo Internacional Villa de Gijón
Por Redacción |