Pontevedra presume de "Adestradores de Honra"
Por Redacción
O colexio Sagrado Corazón foi o lugar escollido polo Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol para render tributo aos seus "adestradores de honra".
Tratábase de homenaxear aos técnicos de fútbol e fútbol sala de máis de 65 anos que desenvolveron o seu traballo durante polo menos 15 anos na nosa comunidade.
Entre os recoñecidos atopábanse técnicos como Rogelio Barragáns, Manolo Garrido, José Ramón Segura, Serafín Neira, José Luis García Silva, Gabriel Leis, Pedro Ferreira, Eduardo Carregal, Fernando Castro Santos, Javier Alonso, Antonio Daponte 'Pechas', Lino José Diz 'Calucho', Joaquín Cabral, Rafael Outeiral, Avelino Carballo, Ángel Carballo, Amador Lorenzo, Fernando García Cendón, Antonio Bernárdez, Fernando del Río, Manuel Tomé, José Manuel Domínguez, Roberto Cacabelos, Juan José Agra, Antonio Blanca, Luis Aguín, Jesús Fernández Bujía, Celso Diz, Paco Presas, Ramón Vázquez, Adolfo Luis Vázquez, Isidro Otero, Benito Javier Pazos e Jorge Alberto Argibay.
O acto estivo presidido polo presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, e contou tamén co vicepresidente da RFGF, José Manuel Fernández; do presidente do Comité Galego de Adestradores e director da Escola, Iván Cancela; do delegado federativo Jaime Otero; do delegado de honra da Federación en Pontevedra, Manolo Barreiro; dos integrantes da Escola Galega de Adestradores na delegación de Pontevedra; do delegado do CTA Ramón Arís e do secretario Joaquín Baltasar.
Os encargados de entregar as distincións, ademais do presidente e vicepresidente federativo, foron Rafa Sáez (técnico do Arosa SC), Jorge Otero (adestrador do Alondras CF), Luís Carro (técnico do CD Ribadumia), Manu Cossío (adestrador do Poio Pescamar FS) e Adri Paz (membro do staff técnico da Selección Española de Fútbol sala).