O Marín Futsal supera o Joventut D'Elx e xa é equipo de Primeira (5-7)
Por Almu Dapena
O soño cumpriuse. O Marín Futsal xogará a próxima tempada na Primeira División despois de vencer por 5 goles a 7 ao Joventut D' Elx na localidade alacantina de Elxe. Un feito histórico para o equipo marinense, que disputará por competirá por primeira vez na súa historia na máxima categoría do fútbol sala feminino nacional.
O partido púxose costa arriba para as xogadoras de Raúl Jiménez, xa que aos cinco minutos de xogo atopábanse cunha laxa dun 2-0 que tiñan que levantar. Tardou menos dun minuto en recortar diferenzas Ceci, dando paso a uns minutos de continuos ataques por parte de ambos os conxuntos. Café igualou no minuto 19, mandando o partido ao descanso con empate a 2 goles.
Despois do paso polos vestiarios, Aitana Olaso devolveu unha vez máis a vantaxe ao Joventut pero, nun visto e non visto, entre María León (min. 25) e Ceci (min. 26), puxeron ao Marín por diante por primeira vez no partido.
O encontro converteuse nun festival de goles e aínda quedaba a recta final. Aitana Olaso fixo o empate a catro no minuto 29, mentres que Ceci, de penalti, facía o 4-5.
A falta de 3 minutos, volveu aparecer Olaso para igualar a favor do equipo local. Pero o Marín non se ía a dar por vencido e apertou unha marcha máis. Ceci anotou o 5-6 e, cando estaba preto, outra vez, o gol do empate para as de Elxe, apareceu Pau para sentenciar a contenda cun gol sobre a bucina.
Joventut d' Elx (5): Anaís Torres, Aitana Olaso, Paula Sánchez, Claudia Terrés, Bet Carrasco, Raquel Gadea, Sara Roelas, Judit María Pérez, Lucía del Río, Carolina e Eli Lorenzo
Ence Marín Futsal (7): Antía, Jessi, Pau, Ceci, Café, Ana, Alicia, Mar, María León, Marta, Kun, Vera e Inés
Goles: 1-0 Bet Carrasco ( min. 4). 2-0 Claudia Terrés ( min. 5). 2-1 Ceci ( min. 5). 2-2 Café ( min. 20). 3-2 Aitana Olaso ( min. 23). 3-3 María León ( min. 25). 3-4 Ceci ( min. 26). 4-4 Aitana Olaso ( min. 29). 4-5 Ceci, de penalti ( min. 32). 5-5 Aitana Olaso ( min. 37). 5-6 Ceci ( min. 38). 5-7 Pau ( min. 40).
Árbitros: Reig Miralles e Sikar Vaño. Amoestaron a Kun, do Marín Futsal.
Incidencias: Pavillón Esperanza Lag. 800 espectadores.
Relacionadas:
-
Ceci renova co Marín Futsal para o debut na Primeira División
Por Redacción |
-
Silvia Aguete elixe o proxecto do Marín Futsal
Por Redacción |
-
Homenaxe 'de Primeira' para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
Elxe, sede da fase final do Marín Futsal polo ascenso a Primeira
Por Redacción |
-
Goleada do Marín Futsal sobre o Valdetires para seguir con opcións de ascenso a primeira (4-9)
Por Redacción |
-
Os penaltis dan o pase ao Marín Futsal á segunda eliminatoria polo ascenso a Primeira
Por Redacción |