Abre o prazo de inscrición para o Campus Azero
Por Redacción
O Estadio Municipal A Senra acollerá do 5 ao 9 de xullo o Campus Azero. Os monitores serán os gardametas Rober Pazos (Ribadumia) e Alberto Domínguez (Coruxo) e os adestradores de porteiros Dani Paseiro (Ribadumia) e Toño Pana (Porteiro 2000).
O campus está dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 15 anos, e realizarán adestramentos específicos para porteiros da man dos mellores profesionais. Tamén haberá xogos, diversas competicións e, sobre todo, moita diversión.
Celebrarase en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas. O prezo será de 140 euros e van incluídos luvas e camiseta.
Como é habitual, as prazas serán limitadas e respectaranse os protocolos anticovid. Para máis información o campus facilita o teléfono 667 716 637 para resolver calquera tipo de consultas.