O Ribadumia despídese da súa afección con vitoria sobre o Paiosaco (3-2)
Por Redacción
O Ribadumia logrou este domingo unha vitoria que lle permite despedirse da Senra cunha vitoria esta tempada. A pesar de estar descendido a falta dun partido para a conclusión da Terceira División o equipo de Luís Carro sacou garra e orgullo para facerse cos tres puntos diante da súa afección fronte ao Paiosaco, ao que superou por 3-2.
Despois dunha primeira metade na que non houbo goles pero si ocasións, Adrián Otero adiantou ao equipo visitante nada máis regresar dos vestiarios.
Igualou aos dous minutos Fran Fandiño, dando paso a un continuo intercambio de oportunidades en ambas as escuadras.
Pero foi cando quedaban 10 minutos cando chegaron o resto de goles. Adrián Otero reapareceu para poñer ao seu equipo por diante, colocando o 1-2 co que parecía que ía concluír o encontro.
Con todo, a colexiada, Zulema González, pitou pena máxima na área do Paiosaco, dando a oportunidade de devolver o empate a un Ribadumia que o merecía.
Desde os once metros marcou Rubén Cerqueiras, claro protagonista na recta final do encontro xa que, no minuto 93, reapareceu para poñer ao seu equipo por diante por primeira vez no duelo e darlle a vitoria.
Consulta a acta do Ribadumia-Paiosaco
Relacionadas:
-
Vitoria do Ribadumia sobre o Fisterra para despedirse de Terceira División (1-2)
Por Redacción |
-
O Ribadumia cae co Arzúa e xa é equipo de Preferente (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Derrota do Ribadumia pola mínima contra o Viveiro na Senra
Por Redacción |
-
Tres puntos de ouro para o Ribadumia, que vence o Estudantil e soña coa permanencia (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Ribadumia adiántase pero termina perdendo co Fisterra (1-2)
Por Redacción |